Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (38)

Otero Canto, Xosé - viernes, 23 de agosto de 2024
Isto pasou na feira de Muimenta

Isto pasou na feira de Muimenta que se fai os primeiros xoves de mes, cadre cando cadre.
Eu coñecía a Xandro, apelidado "O Cavaco" de mal nome, ao pai e aos irmáns, de cerca de Larixe, algo chulos e fanfarróns. O devandito Xandro mercoume a min vacas o día Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (38) da famosa Hortensia, que causou pánico por toda a Valura co seu vento de deusa alporizada e a súa auga que caía polos caldeiros do ceo a cachón, remexida polo vento e arrefríada polos elementos. Ese día sinalado, Xandro e o seu xenro viñeron pola miña casa e mercáronme dúas vacas que eran moi boas, moi boas, e quedáronmas a deber, mais os días van pasando e non se lembran de virmas pagar.
Un día de daqueles fun á feira de Muimenta, e alí atopei ao Xandro, xa case se rematara a feira cando eles viñan de tomar algo á casa chamada de "Beba" e que hoxe rexentan os seus descendentes "Os Alvariño". Cando os vin, fun falar con eles e díxenlles que me tiñan que pagar as vacas que me debían, mais as primeiras palabras de Xandro foron que xa mas pagara, eu respondinlle que era mentira e o seu irmán quedouse mirando para nós. Observei que cada un deles levaba cadansúa caiada na man e eu tamén. Díxenlles:
- Contas mentira, que non mas pagaches e mas estás debendo.
El díxolle ao irmán.
- Non lle fagas caso, que si que llas paguei.
Quíxose marchar e eu boteille a man á chaqueta e díxenlles:
- Tes que dicir a verdade, senón ábroche a cabeza.
E vaise el, levantou a caiada para min e eu fun máis rápido ca el e pegueille un pau no brazo que sostiña a caiada que nestas caeu ao chan el e a caiada, e o seu irmán enfróntase a min, e o caído botoulle outra vez a man á caiada e os dous cara a min coas caiadas revradas e levantadas. Despois de andar un treito, eu metín a man ao peto e encueime cara a casa de Ramón da Feiranova de Muimenta, saquei a ferrusca e abrina, era unha navalla xamoneira que daquela tiñamola todos os galegos e díxenlle se non me dis a verdade, ségote no pescozo. No momento saíu un home daquela casa na que daban comidas e tiña taberna e con el outros varios homes que vén aquelo, O home dixo:
- Que pasou?
Eu díxenlle o que pasaba.
E vaise o home, que sechamaba Pexerto, e os outros homes que había no medio de nós, e díxolle:
- Conta a verdade! Que este home non che reclama as vacas se non llas debes...
Eu daquela tiña a navalla aberta e posta ao pescozo do Xandro, el cando viu que lle podía cortar polo pescozo e degolalo, dixo o que ides oir:
- Tes razón, non chas paguei, esa é a verdade, pero págochas o día oito en Castro.
O irmán caladiño, díxolle ao Xandro:
- Contáchesme mentira, irmán! A Castro, o día oito hei ir eu tamén para ver se llas pagas.
Nestas chegou o día oito e mirei se o atopaba na feira e non o encontrei, mais aló, xa ao tarde, vino pola feira e pagoume todo o que me debía menos dez mil pesetas que mas quedou a deber.
Xa moito despois, fun a xunto del moitas veces para que me dese as dez mil pesetas que me debía e sempre poñía desculpas, adaxos e escusas. Hoxe xa morreu e levounas con el, que sexan para ben.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES