Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preguntas ante as contradicións do sistema (II)

jueves, 05 de septiembre de 2024
A xustiza que mira de lado

Ter medo é perigoso pero tamén é un mecanismo de defensa. Disto ímonos dando conta conforme pasan os anos e asumimos certos prexuízos sen que tentemos botalos abaixo. Sucede ao darnos conta de que, ás veces, cando lles facemos caso nos salvamos dalgúns perigos. Se tememos, quere dicir que ata certo punto é necesario Preguntas ante as contradicións do sistema (II)que o fagamos, non tememos ao museo, nin ao comercio de proximidade, ao Proxecto Home ou ao sistema educativo. Non nos asusta entrar nun hospital porque sabemos que aí nos van axudar e non nos van castigar. Pero, podemos temer a xustiza. Iso é moi doloroso porque nos dá medo só aos que precisamos dela para que se cumpra, non aos que a utilizan ao seu favor.

Serán as togas? Serán os anos de estudo pechados, aprendendo de memoria textos aos que se pode acceder directamente nos libros? Será a contradición de traballar a memoria e non o razoamento, o sentido da xustiza, a comparativa con outros sistemas, o sentido crítico, a variabilidade das circunstancias...? Onde remata a liberdade de expresión e comeza o delito? De que depende: de quen fale ou do que se fale? Por que se di que a xustiza ha de ser cega, que non debe ter ideoloxía e ao final vemos que cada xuíz é dun partido (maioritariamente dun deles)? Por que mentir, ata ese punto? Por que ata nós nos decatamos de que determinados xuíces sempre ditan sentenza a favor dos mesmos?

Hai imaxes que asustan, por exemplo aquela na que unha Charo Porto se ve pillada polas cámaras porque o xuíz a colocou nun ángulo que o permitía, por exemplo cando un xuíz tolera filtracións, por exemplo cando o familiar dun xuíz conta a historia dun dos seus casos, por exemplo cando vemos a pouca cabeciña que algún deles ten na súa vida persoal e como poden ser manipulado á vista de todo o lectorado de revistas do corazón e non só, cando vemos pallasos no cárcere por exercer o oficio e ladróns na rúa exercendo do que son... Como non nos imos asustar se quen nos ten que dar seguridade nos crea inestabilidade?

Ese símbolo dunha muller cos ollos tapados por unha venda xa non sei se é crible, porque a venda caeu e vemos que as sentenzas dependen nalgún caso da persoa á que se xulga e non do delito. Queremos crer; vainos niso a confianza no sistema democrático que nos damos, no voto que emitimos cada certo tempo, na defensa das institucións que levamos feita ao longo da vida e continuando cos séculos de Historia, pero certamente o poder xudicial tennos que axudar, ten que demostrar que podemos confiar.

Cando vemos que se lle dan todos os dereitos a quen non asume ningunha obriga. Cando semella que os servizos de asistencia social ou de axudas son aproveitados por xente que vive diso, sen achegar nada á sociedade... daquela, o noso interese pola xustiza social decae e o que nos doe é que as persoas que realmente necesitan protección non a teñan, mentres outros se benefician do que os demais achegamos cos nosos impostos.

Ás veces, cando vemos actuar a certo voluntariado ou a certos servizos sociais, realmente o que quixeramos é que repartiran o seu e non o de todos e todas. Igual que os políticos cando tiran os cartos do común ou os empregan mal, deberían pagar do seu peto estes empregados públicos ou xente que se presta a repartir nas ONG, en determinados momentos deberían pensar se o farían igual de ser as súas propiedades. Algunha vez teño preguntado ata onde controlan a quen doan e moitas veces a resposta é que dan a quen llo pide, sen interesarse en se hai necesidade ou non. Toda esmola, toda axuda sen control vólvese contra a sociedade, acaba creando malestar e levando o voto cara aos partidos que defenden unicamente as grandes riquezas. É iso o que queremos?
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES