Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preguntas ante as contradicións do sistema (I)

Sampedro, Pilar - jueves, 29 de agosto de 2024
Moita información equivale a pouca ou a ningunha, e outros asuntos achegados.

Antes non dabas accedido á información, andabas ás apalpadas, pero agora tes tanta que non es quen de lela, de asimilala; navegas entre ela igual que se te moveses entre augas tumultuosas. Dise que sufrimos de "infoxicación" e sentímonos como se a Preguntas ante as contradicións do sistema (I)documentación nos esmagase, converténdonos en pequenas criaturas machucadas polos grandes pés que pintaba Xaquín Marín.

Cando che entregan un papel con letra pequena bótaste a tremer porque sabes que en calquera parágrafo che poden enganar. Cando che piden a sinatura debaixo dun texto longo fano sabendo que non che dá tempo a lelo; unha simulación ou un timo en toda regra?

Cada vez que se asina o permiso para realizar unhas probas médicas (a póliza de seguro ou calquera tipo de contrato), tanto unha parte coma a outra son sabedoras de que non somos conscientes do que asinamos. Cando aceptamos as cookies todos e todas sabemos que o facemos para rematar dunha vez, rexeitalas é demasiado complicado, leva demasiada lectura e toma de decisións, complica moito a xestión do que estamo buscando ou resolvendo, e disto se aproveitan. Pois si, é coma darnos na cara:
- Queriades información?
- Aí a tedes!

Hai demasiadas cousas que están revertendo contra nós.

Pasa como coa lei de protección de datos. Algo que debería protexernos de malas artes, ao final só serve para quitarnos dereitos aos de sempre. Queres sabes en que habitación está ingresado o teu amigo nun hospital? Non pode ser pola lei de protección de datos. Non se pode coñecer se alguén pertence a determinada organización (legal, das outras non digo nada), quen está subscrito a determinada revista, como localizar a alguén... continuamente che sae ao camiño a tal lei como unha parella da garda civil de tráfico. Unha lei que nos complica a vida á xente normal mentres os nosos datos andan polo mundo adiante en paquetes ben organizados ao servizo do capital.

Cantos dereitos perdemos! e cantos nos quedan aínda por perder nos próximos anos se non o remediamos!

Se dis algo (que non interese a un poderoso) podes acabar nun Xulgado, pero se el che difama en marketing, publicidade, propaganda, fake news... está asumido como algo permisible e non pasa nada. Era para ser así, seica.

Por que nos segue a dar medo a xustiza? De onde ven ese tufo a residuos da ditadura? Como é posible que escoitemos certas sentenzas e non se nos rompan as carnes?
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES