Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Enterro da Sardiña en Vilalba (Lugo) dos anos 2003 ao 2006 (4)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 27 de agosto de 2024
III. Consideracións finais.
O Entroido precisa a entronización dun rei ou un deus burlesco. Rindeselle pleitesía durante o seu breve mandato. No obstante, no remate da festa vai sucumbir, case sempre no lume, como "chivo expiatorio" non son de todos os vicios e o desenfreo pasional, que afloraron durante a festa, senón tamén de todos os actos funestos e perversos ocasionados polas institucións ou polo comportamento social dalgunhas persoas (1). Nalgúns lugares esta figura recibe os nomes de "Meco"; "Entrudio"; "Lardeiro; noutros, xa hai apelativos locais máis específicos, como "Mikaela" (Buño- A Coruña); "Felipe" (A Pobra do Caramiñal- A Coruña); "Facundo" (Muros- A Coruña)...(2). Tamén, faise mención, entre outros, as "Festas de Judas", e " a queima do Haragán" (3).
Aquí en Vilalba (Lugo) hai o costume como noutras vilas lucenses (4) de realizar o "Enterro da Sardiña", que percorre -como vimos- varias rúas da vila ata o seu tramo O Enterro da Sardiña en Vilalba (Lugo) dos anos 2003 ao 2006 (4)final, onde un boneco, que simboliza a unha sardiña e que vai nun cadaleito, é queimado públicamente nun lugar da praza, logo de ter lugar o xuizo correspondente. O Enterro trata de ser unha imitación burlesca e cómica dun cortexo fúnebre. Celébrase o mércores de cinza, que dende unha óptica relixiosa e o primeiro día da Coresma nos calendarios litúrxicos anglicano, católico e protestante. Dende esta perspectiva, é un periodo de austeridade e tranquilidade. É unha maneira axeitada de comportarse tendo en conta que ao remate da Coresma celébrase a morte e a resurrección de Jesucristo.
Dun xeito xeral, o enterro e queima da Sardiña simboliza, usando termos nietzscheanos(5), ó tránsito do dionisiaco(6) ó apolíneo(7). O dionisiaco, que correspondería ao periodo festivo do Entroido, caracterizase como o mundo da vontade insconscente; o desenfreo vital; a liberación dos instintos e pasións humanas; o caos; a desorde; a irracionalidade; o descontrol sexual... Nesta etapa festiva era e segue sendo moi normal que ás persoas lles suscite risa determinados actos, que se realizan durante este periodo, pola inversión de situacións e polas parodias de diferentes feitos da vida real. No obstante, a risa non sempre tivo o mesmo siñificado para os que detectaban o poder do Estado. Así, o pensador vilalbés -xa finado- Bernardo García Cendán- manifestaba que "non resulta estrano pensar que os que mandaban hai anos tivesen inquedanzas coa risa da xente do común, xa que ía dirixida de cara a unha legalidade vixente imposta rixidamente" (8). Agora ben, estes trazos definitorios do "estado dionisiaco" estanos ensinando por via indirecta, que se o exceso na comida, na bebida, e nos praceres carnais fosen continuos seriamos incapaces de vivir desta maneira, o mundo non se sostería. "Unha das función do Entroido é a de aculturación das novas xeracións, socializándoas na idea de que para a vida en comunidade, a orde social e a convivencia son mellores que a desorde e a intolerancia" (9). Polo tanto, cómpre deixar o dionisicaco e incorporarse ó apolíneo, e dicir ao "statu quo" de sempre; á vida cotiá, que encarna a realidade da representación consciente; á orde; ao control social; á racionalidade; á virtude… Pois ben, este tránsito vaise levar a cabo por medio da queima do boneco da sardiña, xa que o lume é un símbolo ambivante en canto que propicia a morte mais tamén unha rexeneración. Agora ben, a realidade actual foise convertido co paso dos anos en moi impersoal, deshumanizante, cunha perda de valores moi siñificativa, na que cada vez máis hai unha carencia de criticismo, para ir aceptando en contraposición o "políticamente correcto", seguindo o dito ¿Onde vas Vicente, onde vai a xente?. Polo tanto, cada vez faise máis complexo e dificil poder acceder na súa operatividade aos conceptos de "existencia auténtica", que preconizaban os filósofos existencialistas (10), e mesmo acadar "o proxecto vital" de Ortega e Gasset (11). ¿Que pensan vostedes?

IV. BIBLIOGRAFÍA
BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carme.: Achegas históricas ao Antroido de Val de Francos (Castro de Rei) no século XXI, en Croa (Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga) nº 19 ,2009.
CARBALLO FERREIRO, Xosé Manuel.: "Memoria. Presentación. Prólogo", en Máis de media ducia de escritores chairegos e ao Antroido. Coord. por Asociación de Val de Francos. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística, 1993, páx. 3.
CARO BAROJA, Julio.: El Carnaval. Análisis hitórico-cultural. Barcelona: Taurus. 1979.
COCHO, Federico.: O Carnaval en Galicia, Vigo: Ed. Xerais, 1990.
COCHO, Federico. O Carnaval en Galicia. Vigo: Xerais, 2007.
CHAO REGO, Xosé.: "O Entroido é unha entrada", en Máis de media ducia de escritores chairegos e o Antroido. Coord. Xosé M. Carballo Ferreiro. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística, Lugo, 1993, .Dirección Xeral de Política Lingüistica.
FIDALGO SANTAMARIÑA, X.A..: "IV. Cara a unha busca do sentido do Carnaval ourensán", en As Caras do Entroido Ourensán. Deputación de Ourense. Fundación Caixa Galicia, 2009.
FIGUEIRA TENREIRO, Sabela. O Antroido onte e hoxe. Achegas ao estudio desta festividade na Terra Chá. Revista Dixital de "Galicia Encantada". Web.: www.galiciaencantada.com.
FIGUEROA PAZ, Antonio.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (Six). Autor do mapa de localización.
FRAGUAS FRAGUAS, Antonio.: Do Entroido. Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego. Colección Alicerces, nº 6, 1994.
GAIGNEBET, Claude.: El Carnaval. Ensayos de mitología popular. Barcelona: Ed. Alta Fulla, 1984.
GARCÍA CENDÁN, Bernardo. "O desacougo da risa", en Máis de media ducia de escritores chairegos e o Antroido. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
G. AMARELLE, Raquel.: Galicia en Entroido, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2006.
GONDAR PORTASANY, Marcial.: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmo e o nós outros, Vigo: A Nosa Terra, 1993, páxs. 173-174.
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Oscar J.: Mascaradas de la península ibérica, Oviedo: Ed. Autor, 2014.
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio.: As festas cíclicas do ano, Santiago de Compostela: Manuais do Museo do Pobo Galego, nº2, 1991.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. Guía de festas populares de Galicia. Vigo: Galaxia, 1997.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: "A Mesta Fraga das Festas de Galicia", en Tempos de Festa en Galicia, T.I. Entre os Reis e o Mes de Maio. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2006.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. e MARIÑO FERRO, X.R. ANTROIDO en Galicia. A Coruña: Deputación Provincial, 1987.
LISÓN TOLOSANA, C. Antropología cultural de Galicia. Madrid: Editorial Siglo XXI, 1971.
LISÓN TOLOSANA, C.: Teoría Etnográfica de Galicia. Antropología cultural de Galicia, IX, Madrid: Akal, 2012.
MARIÑO FERRO, X.R.: O Entroido ou os Praceres da carne: Sata (A Coruña). Ed. do Castro. Cadernos do Seminario de Sargadelos, 84, 2003.
PERNAS BERMÚDEZ, Carmen.: Proporcionoume os textos dos xuizos dos anos 2003 e 2004.
QUINTIÁ, Rafael.: Uns Apuntamentos Etnográficos sobre o Entroido a xeito de Introducción, en Actas das I Xornadas sobre o Entroido de Galicia. Sociedade Antropolóxica Galega, Pontevedra, 2013
RISCO, Vicente.: Historiza de Galicia, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Etnografía. Cultura Espiritual. Madrid: Akal.
TABOADA CHIVITE, X. Ritos y creencias gallegas. A Coruña: Edicións Sálvora, 1980.
Finalmente o fotógrafo vilalbés, Amador, proporcionoume o texto do xuizo do ano 2006. Ademaís, as fotos aínda que pertencen á colección de José Manuel Blanco Prado, autor do presente artigo, fixoas este fotógrafo no seu momento. Por outra banda, Xosé M. Felpeto Enríquez deume algunhas indicacións sobre este traballo.

V. OUTROS ARTIGOS DO "AUTOR" SOBRE O ENTROIDO NA PROVINCIA DE LUGO.
BLANCO PRADO, José Manuel: "Primeira exposición sobre o Entroido na provincia de Lugo", Boletín do Museo Provincial de Lugo. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial, 2005, paxs. 203-222.
BLANCO PRADO, J.M. e GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: "O Entroido na Ribeira Sacra e en Salcedo. O volante, o peliqueiro e o oso", Tempos de Festa. T.I. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2006, páxs.127-137.
BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carme: "Achegas históricas ao Antroido do Val de Francos (Castro de Rei) no século XXI", Croa, nº19, 2009, páxs. 58 -84.
BLANCO PRADO, J.M.: "O Entroido na Diocese de Lugo. Achegas históricas ao Entroido na Ribeira de Chantada", Lucensia, nº 39, Lugo, 2009, páxs. 363-370.
"O Entroido na Diocese de Lugo. Achegas históricas ao Entroido na freguesía del Salcedo", Lucensia, nº 40, Lugo, 2010, páxs. 163-17
"2ª Exposición sobre o Entroido na provincia de Lugo", Boletín do Museo Provincial de Lugo. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial, 2012. 2010.
BLANCO PRADO, J.M e PERNAS BERMÚDEZ, Carme: «O Entroido Ribeirao. Santiago de Arriba (Chantada) (Lugo)», Croa, nº 22, 2012, páxs. 78-105.
BLANCO PRADO, J.M. «O Entroido na Diocese de Lugo, III, O Xoves de Compadres e o Xoves de Comadres nas Terras de Lemos». Lucensia , nº 45,2012, páxs. 378-389.
O Entroido en imaxes: mostra fotográfica da provincia de Lugo. Deputación de Lugo. Vicepresidencia. Rede Museística.2012
"Aportacións sobre o Entroido Lucense". Anuario Brigantino nº 36, Betanzos (A Coruña), 2013, páxs. 495-513
Autor da foto da portada do libro «O Teatro no Entroido de Salcedo (A Poboa de Brollón)», Deputación Provincial de Lugo, 2014.
"O Enterro da Sardiña na cidade de Lugo. Anos 1985-2002", Anuario Brigantino, nº 39. Betanzos (A Coruña), 2016.
Terceira Exposición do Entroido na provincia de Lugo, Mesón do Forno, Lugo, 2017.
"O Enterro da Sardiña na cidade de Lugo. Anos 2003-2012. Croa, nº29. Boletín do Museo do Castro de Viladonga. Castro de Rei (Lugo), 2019.
"Novas achegas históricas sobre o Antroido de "Val de Francos" (Castro de Rei) (Lugo). Segunda década do Século XXI", en Croa nº 31, Castro de Rei (Lugo), páxs 96-127
"Rituais ancestrais do Entroido. Achegas históricas á corrida do galo en Galicia e nos concellos chairegos de Castro de Rei e Cospeito", en Pena do Encanto nº 11 (Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos). Instituto de Estudos Chairegos, Vilalba (Lugo), paxs. 9-23.
"Achegas etnohistóricas ao Entroido da parroquia de Bazar (Castro de Rei) (Lugo) no século XXI", en Croa nº 32. No prelo.

NOTAS:
1. Ver as disposicións do Ministerio Fiscal nos discursos dos anos 2003-2004-2005.
2. COCHO, Federico.: O Entroido Galego, Vigo: A Nosa Terra, 1998, páx. 35.
3. BARRETO VARGAS, Carmen Marina.:" El Entierro de la Sardina: muerte y resurrección". Tesis Doctoral. El Carnaval de Sta. Cruz de Tenerife: un estudio antropológico. Galván Tudela, José Alberto (director). Servicio de Publicaciones de la Universidad de La Laguana, 2009, pp.254-261.
4. Cidade de Lugo e vilas de Monforte de Lemos, Viveiro, Burela.
5. Friedrich Nietzsche (1844-1900), foi un poeta, filológo e filósofo alemán vitalista.
6. De Dionisos, deus do pracer sensual na mitoloxía grega ou ligada a él.
7. De Apolo, deus das artes na mitoloxía grega ou relacionada con él.
8. GARCÍA CENDÁN, Bernardo.: "O desacougo da risa", en Máis de media ducia de escritores chairegos e o Antroido. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística, 1993, páx.52.
9. SANTAMARIÑA, Fidalgo.: "IV Cara a unha busca do sentido do Carnaval ourensán", en As Caras do Entroido Ourensán. Deputación de Ourense. Fundación CaixaGalicia, 2009.
10. Pensamiento que abrangue os séculos XIX e XX. Analiza a existencia humana a través del análisis de la condición humana, la libertad, la responsabilidad individual, las emociones así como el significado de la vida.
11. Filósofo español (1883-1955). Exponente principal de la teoría del perspectivismo y de la razón vital.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES