SPATHARIOS DE AFONSO II
CARTA FUNDACIONAL DA ORDEN
SPATHARIOS DE AFONSO II,
membros activos da Asociación do Camiño Ástur
----
(Proxecto, suxestión, de Xosé María Gómez Vilabella)
Reunidos nesta moi antiga, moi nobre, e moi leal Vila de Castroverde
aquí á beira deste verde castro no que afloran as laxes da Vía
LUCVS AVGVSTI - GIGIA,
despois de encomendarnos á Nosa Señora do Castelo,
tamén coñecida como Virxe do Camiño,
entoado o Dei Verbum da Liébana,
e protexidos polo Miles Christi noso Sancti Iacobi,
CONSIDERANDO E RECOÑECÉNDONOS
mutuamente
que xa temos veladas as armas, de antigo,
como Cabaleiros que somos,
e que por tales nos temos,
VIMOS EN CREA-LA ORDE TURÍSTICA
dos SPATHARIOS DE AFONSO II

Baixo os seguintes
PRINCIPIOS
I. DECLARÁMONOS devotos do Camiño Ástur, do de Afonso II, de Uviéu a Santiago, e como tales daremos protección, acomodo, e debida información, a tódolos peregrinos que nos honren co seu paso pola nosa Calzada.
II. O noso título será o de SPATHARIO/A DE EL REI AFONSO II.
III. O noso URRO, ¡Santiago, abre as Españas!, en rotunda oposición contra todo tipo de intolerancias e/ou xenofobias.
IV. O noso LEMA será: A Santiago, protexidos polos Spatharios de El Rei Afonso II, O Creador das Cabalgadas, que se dan e che dan a man para que non te perdas nin sufras no verde dos nosos campos.
V. En cada miliario: A SANTIAGO, CON SANTIAGO, E PARA SANTIAGO.
VI. DIVISAS: Unisex: Un pin en forma de broche, coas cruces de Santiago e da Victoria (a de Asturias, tamén chamada dos Anxos), en aspa, anoadas con cinta de azur encima dunha vieira. Os brazaletes serán de cor verde-herba, co emblema antedito.
VII. OBRIGAS.

Os Spatharios do Camiño prestarán os seus servicios de asesoramento e de asistencia humanitaria nos albergues que lles sexan máis próximos ás súas residencias. Neses albergues terán exposto o teléfono dos seus Spatharios asignados, para casos de emerxencias.
VIII. Os seus nomes e a mención dos seus servizos heroicos, se os houbese, conservaranse nun libro de FEITOS HONROSOS.
Etc., etc.
Xosé María Gómez Vilabella Gómez Vilabella, Xosé M.