Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entre bancos e morosos

miércoles, 13 de mayo de 2009
Os que posúen diñeiro para investir ou depositar teñen que mirar moi ben a quen llo confían, porque nestes tempos difíciles nos que a morosidade se incrementa a toda velocidade, ata as entidades bancarias ou de aforro teñen problemas. Máxime, claro está, se un se confía nunha entidade do exterior que pode ofrecer moito mellores condicións pero que non ten o respaldo que a nosa organización económica ofrece ás entidades do país.

O máis recente problema ó respecto ven de ofrecelo un chamado Banco Privado Portugués, que se ten declarado en suspensión de pagos, arrastrando na súa caída a douscentos investidores galegos, que por ser propietarios de grandes fortunas tamén foron atrapados por importantes cantidades, chegando algún empresario ós quince millóns de euros.
Polo que parece, o sistema económico portugués pode garantir os depósitos pero non o importe das accións, que nos últimos tempos se depreciaron ata un noventa por cento do seu valor de compra.

Con perspectivas coma esta, non é extraño que a morosidade das empresas se teña incrementado en Galicia o 380% no decurso do último ano (o 22% no mes de abril), chegando en España á cifra de 2.700.000 debedores superando a cifra de débedas os trinta e seis mil millóns de euros.

E mentras tanto, particulares e empresas xogan á ruleta rusa da economía, investindo onde lle lo indica o seu saber e entender, e cobrando as débedas con arreglo a procedementos longos e difíciles nos que, como quere o refrán, vale máis un mal arreglo que unha boa loita.

O desánimo apodérase dos que queren traballar, investir, arriscarse, avanzar. Porque non se ve luz ó final do tunel por moitas alegrías que nos anuncien os gurús que non albiscaron esta crise. Porque, polo de agora, o tunel non ten saída. E posiblemente os bancos teñan os mesmos problemas que os morosos á hroa de abrir as portas cada día ós seus clientes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES