Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Gonzalo (O Bispo Santo e o seu misterio)

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 29 de agosto de 2024
O sartego existente na basílica de San Martiño de Mondoñedo en Foz, no cal supostamente se encontran os restos mortais de San Gonzalo (O Bispo Santo), abriuse catro veces na súa historia: a primeira en 1648, logo despois en 1704, 1965 e finalmente en 1975. O motivo polo cal se abriu en 1975, foi coa idea de extraer restos óseos para facerlle a proba do Carbono 14 e poder coñecer en realidade de quen son eses restos mortais, estudo que recaería no profesor Carro de Compostela. Levaron acabo a apertura do sepulcro, o presbítero Amando Araújo Iglesias, o cóengo Santos Sancristóbal Sebastián, Manuel Rodríguez Gómez (Calvario) e José Luis Irimia Rubal (Lilí).San Gonzalo (O Bispo Santo e o seu misterio)
A cuestión en si, trata de que este San Gonzalo (Bispo Santo), non está recoñecido como santo polo Vaticano, por carecer por completo de documentación que acredite quen foi tal bispo, pois na lista de bispos que exerceron en San Martiño e que foron en total dezasete, non aparece tal San Gonzalo por ningures, pero si, un tal Don Gonzalo que morreu no século XII, que nada ten que ver con este outro ao que coñecemos como Bispo Santo.
Certo é, que nunha ocasión chegou a San Martiño o bispo mindoniense Frei Sebastián Arébalo Torres, que exerceu como tal en Mondoñedo de 1672 a 1682, e este bispo deu orde de que se celebrase a romaxe dedicada ao Bispo Santo, cada luns de Pentecostés.
Tamén sabemos, que no ano 1611, o Bispo de Mondoñedo da conta ao Rei Felipe III dunha capela no lugar que a tradición sinala como o punto onde San Gonzalo realizou o milagre das naves normandas. Aquí fálasenos da capela do Bispo Santo no barrio de Forxán de San Martiño.
Desde o ano 1975 no que se abriu o sartego cos supostos restos de San Gonzalo, non se volveu a saber máis nada sobre dos resultados da proba do carbono 14, o que nos demostra claramente, que os máis de seis libros que hai sobre da basílica de San Martiño, ao falar de San Gonzalo, os seus autores utilizan a mesma frase "San Gonzalo (O Bispo Santo), de dubidosa existencia". Non pode ser máis claro.
O Vaticano non o recoñece, e polo tanto, non acepta a súa beatificación, aínda que, tampouco prohibe o seu culto, xa que se trata dos coñecidos como "santos do pobo", ou sexa, que o pobo o venera, como tamén Viveiro venera a Constanza de Castro ou Lourenzá a Osorio Gutiérrez (Conde Santo), sendo así, os tres santos do pobo que se veneran na Mariña sen ser recoñecidos como santos polo Vaticano. Sobre o Bispo Santo non se pode garantir que non existira, pero sobre todo, tampouco se pode garantir a súa existencia. Agora a pregunta é, de quen son os restos que hai no sartego?.
Pero a todo isto, engadimos uns textos do cóengo Santos Sancristóbal Sebastián, fundador do Museo de Arte Sacro de Mondoñedo. Textos publicados no seu libro sobre San Martiño, que se titula "La Antigua Catedral de San Martín de Mondoñedo", na súa páxina 57, no capítulo co título "Báculo y anillo de San Gonzalo", di así:
"La primera vez que se abrió el sepulcro de San Gonzalo, en 1648 por el Obispo Torres Grijalba, se encontró el célebre báculo. Tiene un astil de madera de 1,45 m. Termina en macolla, voluta y cabeza final de animal con bola en la boca. Esta parte es de cobre con restos de esmaltes y mide 0,11 m. El báculo encontrado en el sepulcro es prueba de la general tradición de aquella tierra sobre que fue Obispo" (Flórez).
"El anillo fue encontrado en el sepulcro en 1914 por el párroco Don José Fiallega. Es de San Gonzalo (O Bispo Santo e o seu misterio)oro y tiene una piedra de cuarzo engarzada por cuatro cabecitas de ave con unos brillantes en los ojos, de tamaño muy diminuto. Lleva inscripción "NOLO ESSE DATUS NEQUE VENUMDATUS".
"Se trata de dos piezas de excepcional valor arqueológico. Creo pertenecen al siglo VIII. Con motivo del Bimilenario de Lugo (o Bimilenario de Lugo celebrouse entre os anos 1975 e 1976), se reunieron en esa ciudad un gran grupo de Arqueólogos de diferentes países de Europa. Al visitar San Martín, pensaron que el báculo y el anillo son del siglo VI. "La España Románica", en el tomo correspondiente a Galicia, afirman del anillo, sin especificar porque, que la inscripción que lleva lo hace sospechoso".

Por este texto de Sancristóbal podemos observar algunhas cousas curiosas, a primeira, que o sartego non só foi aberto en 1648, 1704, 1965 e 1975, como consta en todas partes, se non que tamén o crego José Fiallega o volve a abrir en 1914, pois os sartego ten tres candeados con chaves diferentes e gardadas en diferentes lugares, para evitar a profanación do sepulcro. Primeiro encontran o báculo en 1648 e 266 anos máis tarde aparece o anel. Non vos parece estraño?. Tamén se di, que os ósos estaban totalmente descolocados, polo tanto, se remexeron nel, debería aparecer todo xunto. Démoslles un marxe de confianza e pensemos que non hai mala intención.
Segunda: Logo despois, dinos Sancristóbal (que era un fenómeno en historia), que el data as pezas no século VIII, pero os arqueólogos que visitan San Martiño, dátanas no século VI, dous séculos de diferencia e aquí está a nai que descompón toda esta historia e confirma as miñas sospeitas, O BISPO SANTO NON EXISTIU.
EXPLÍCOME: Como podemos observar, ao final do texto de Sancristóbal e subliñado pon "...que la inscripción que lleva lo hace sospechoso". Pois a inscrición que está en latín, di traducido NON QUERO SER DADO NIN VENDIDO, polo tanto se a San Gonzalo o sitúan sobre do século IX, obedecendo ao texto do anel, este non puido ser dado nin vendido, polo tanto, ninguén o puido herdar nin tampouco mercar para anos máis tarde pasara a ser dun bispo do século IX.
Pero o fallo histórico segue presente, pois se o anel, segundo os arqueólogos é do século VI e segundo Sancristóbal é do século VIII, tampouco pode ser, xa que a sé episcopal de San Martiño de Mondoñedo data do século IX, por unha banda, 300 anos de diferencia e pola outra, 100 anos de diferencia, as contas non cadran.
E por se fora pouco, temos outro dato, que acaba desmontando por completo esta historia para deixala en tan só nunha lenda. Dáse a casualidade, que ese texto do anel escrito en latín, está precedido dunha cruz, pero de que cruz?, pois nin máis nin menos, que a CRUZ TEMPLARIA, e como moi ben sabemos, os templarios foron fundados no ano 1119, ou sexa, no século XII, 600 anos máis tarde do que opinaron os arqueólogos e 400 anos máis tarde, do que opina Sancristóbal.
Polo tanto, tampouco puido ser do chamado Don Gonzalo Froilaz, último bispo de San Martiño, porque aínda que se di que puido ser templario, tampouco cadra moito, pois este bispo morreu en 1112 e os templarios como dixemos, fundáronse en 1119, aínda que a súa verdadeira creación foi o 19 de xaneiro de 1120.
Podemos tamén engadir, que se este Bispo Santo se tratase do bispo rexistrado como Don Gonzalo, que morreu en 1112, debemos aclarar de que a milagre das naves, non serían normandas se non sarracenas, pois os normandos conquistaron o occidente de Europa sobre do século IX, polo tanto, se Don Gonzalo morreu no século XII, tempo no que xa non existían as invasións normandas, pero si as sarracenas desde o século VIII, serían naves sarracenas e non normandas.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES