Do dito ó feito...
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 22 de agosto de 2024
Di o refrán que: "DO DITO Ó FEITO VAI UN GRAN TREITO" e penso que é certo.
Desexamos un futuro moito mellor para os nosos descendentes; pero esquecémonos de preparárllelo como é debido aínda que pensamos que imos acertados.
Non sempre é así.
A VECES FALLAMOS DESDE A BASE DE TAL XEITO QUE MOITOS PROXENITORES:
-Como lles queren tanto á súas criaturiñas, danlles de todo para que non lles falte de nada:
Chuches, regalos, móbiles, roupa de marca, televisor na habitación, internet...
Comida: tan só a que lles gusta.
Compostura: libre tanto na casa como fóra.
Límites: os mínimos ou ningún.
Respecto ó profesorado: moi pouco e cada día menos.
Formación ética ou relixiosa: xa a elixirán máis adiante...
Disciplina: innecesaria, eso traumatiza ás criaturas.
Respecto ás persoas maiores: non fai falta, todos somos iguais.
Austeridade: nin falar, hai de todo no comercio.
Honradez: sálvese quen poida...
ESQUECEMOS ALGO TAN ELEMENTAL COMO QUE:
-OS CHUCHES en exceso, quitan o apetito, crean caries e malgastan cartos e saúde.
-REGALOS SEN MEDIDA: ensínaos a non darlle valor ás cousas porque pensan que todo é regalado.
-OS MÓBILES lévanos a desperdiciar o tempo que debarían dedicar a socializarse personalmente e á vida de familia.
-A ROPA DE MARCA fai o mesmo servizo que a outra e costa máis cartos, enseguida non lles serve e tamén pasa da moda.
-O TELEVISOR NA HABITACIÓN nin prepara para o futuro, nin educa, nin favorece as horas de descanso.
-INERNET, SEN CONROL FAMILIAR OU ESCOLAR, é unha casa sen portas pola que entra quen quere sen respectar a idade ni a madurez das criaturas.
-A COMIDA que lles gusta non respecta a pirámide dos alimentos para un correcto crecemento e maduración das criaturas.
-NO TOCANTE Á COMPOSTURA é frecuente ver nenos que non saben usar correctamente unha silla, tampoco o sofá e non digamos os asentos dos lugares públicos, e moito menos os das igrexas.
-AS PERSOAS MAIORES non hai que respectalas porque os novos gozarán do elixir da xuventude e non lle chegará nunca a tarde da vida...
-Tampouco queren, certos proxenitores, POÑER LÍMITES e permiten que collan do que se encontran e lles apeteza educándoos para ir por libre pola vida pensando que todo o monte é ourego.
-NOS COLEXIOS MOITOS PROFESORES xa non tocan certos temas porque se ven desbordados e enfrontados cos proxenitores.
-A FORMACIÓN ÉTICA, MORAL OU RELIXIOSA, é o de menos: con tal de que teñen para consumir e derrochar, xa é suficiente.
Nin que houbera suficiente coa satisfacción das necesidades fisiolóxicas.
¿Onde quedan as espirituais, as psicolóxicas e as afectivas?
A AUSTERIDADE era cousa doutros tempos, agora: ancha é Castela...
E tanta xentiña que podería satisfacer as súas necesidades co que a nós nos sobra...
Outro tanto pasa coa honradez e a honestidade e moitas cousas máis...
O que se di é que os novos tempos van doutra maneira.
Os feitos demostran que nin tanto nin tan pouco.
Os logros acadados ó longo da historoa deben consevarse e ir construíndo sobre a base que puxeron os nosos ancestros.
O FUTURO DESCANSA SOBRE O PRESENTE
Non construamos castelos no aire.
Os castelos teñen unha boa base nos alicerces que está soterrada.
Deixemos ós que nos sucedan unhas boas raíces onde poidan agarrarse fortemente cando os tambaleen os contratempos da vida.
DEIXEMOS VALORES.
-DEIXEMOS: FE, que é unha ferramenta moi poderosa.
-DEIXEMOS: ESPERANZA para que non desfallecan ante as dificultades da vida.
-DEIXEMOS: CARIDADE que é a raíña das virtudes.
-DEIXEMOS: PRUDENCIA que é a nai da ciencia.
-DEIXEMOS: XUSTIZA para que exista un reparto equitatvo das riquezas conforme o esforzo de cada un.
-DEIXEMOS: TEMPLANZA E MODERACIÓN tanto nas palabras como nos actos porque non hai pouco que non baste nin moito que non se gaste.
-DEIXEMOS: FORTALEZA para que non se derrumbe a nosa civilización da vella Europa que tantos esforzos costou ó longo da historia.
¿ONDE ESTÁ A FONTE?
Todas esas virtudes non se sacan de debaixo da manga nin se conseguen por arte de maxia: regálallas Deus a quen se acolle a Él.
Tanto para crentes como para non crentes: Deus é o amo do mundo.
Todos levamos a súa lei impresa nos nosos corazóns, escoitémola.
"CORAZÓN E RAZÓN"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora