Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ramón Piñeiro na Terra Chá

martes, 12 de mayo de 2009
Acae nesta semana dedicar a este home “bo e xeneroso”, o noso agradecemento dende a Chaira. Aínda que a relación con ela redúcese a uns poucos fitos, pero decisivos para el e para nosoutros. Ramón Piñeiro naceu ao compromiso co pobo, ao que endexamais ía renunciar, aos 17 anos, grazas a un vilalbés egrexio, Lois Peña Novo, que arrequentou o seu ánimo, nun mitin nas eleccións de 1931, en Sarria. A primeira vez que escoitaba falar en galego nun acto público. Mantivo relación con moitas e moitos chairegos: Pepe Chao, Ramón Villares, Antón Baamonde... Manuel María, nas tertulias do Méndez en Lugo e no Café Español en Santiago, do que se distanciaría, ao enrocarse Piñeiro nun galeguismo culturalista. O poeta dedicoulle “A derradeira cantiga” na súa revista Xistral. Pero, sería Díaz Castro, o poeta das Terras de Parga, o que máis bebeu no manancial das esencias da Terra que Piñeiro estaba a transmitir, na arrepiante travesía do deserto, nas décadas dos 50 e 60. Grazas a Piñeiro, podemos deleitarnos con Nimbos. El, á fronte da editorial Galaxia, aguilloou ao poeta, para que o publicase. Custoulle moito, porque o autor era reticente aos protagonismos na palestra pública. Converteuse no primeiro difusor e canle da lírica diazcastriana, entre os e as lectoras. Antonio Pérez Prado, médico e humanista, na Arxentina, agasallou a Xermolos cun exemplar da 1ª ed. de Nimbos, con esta dedicatoria: “Recibín “Nimbos” no 1962, das mans de Ramón Piñeiro. Díxome: “é de un paisán teu, da Terra Cha. Cando chegues a Madrid, chámao”. Mantiveron correspondencia, coma imos descubrir na recolleita de cartas de escritores lucenses, ao autor homenaxeado nesta Festa das Nosas Letras, que o Centro Ramón Piñeiro ten no prelo. Foi un dos que o propuxo, para “correspondente” da Academia. Despois do retorno do poeta a Guitiriz, no treito final, participaron os dous en actividades de Xermolos. Veu falar de Celestino Fernández de la Vega, o ensaísta de Friol, nun ciclo no que Díaz Castro disertou sobre o seu amigo Iglesia Alvariño, do que estamos a celebrar os cen anos do nacemento. Piñeiro presidiu en Guitiriz, a homenaxe ao seu poeta, o 21 de abril de 1990, coma Presidente do Consello da Cultura Galega, nun dos acontecementos derradeiros das súas vidas, pois os dous xa estaban enfermos, Morrería o 28 de agosto e o de Guitiriz, o 2 de outubro.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania