Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Solidariedade

martes, 12 de mayo de 2009
Mingua a solidariedade como mingua o avance económico conseguido nos últimos anos en Galicia.

Non se pode negar que os primeiros anos da primeira década do século XXI foi un avance triunfal do nivel de vida en Galicia, na que os motores do turismo, especialmente do Xacobeo, e da construcción fixeron avanzar un país que coidou chegado o momento da súa definitiva homologación con Europa a efectos económicos.

Pero chegando ó final da década, a mediados de dous mil oito, comezou o declive. Declive que notou en primeiro lugar o sector da construcción e da vivenda, as comercializadoras, as entidades financieiras, os concellos, e todos os que dalgún xeito estaban vinculados co sector que era prácticamente a totalidade dos galegos.

E do mesmo xeito que a economía se estancou, que a vida dos galegos se volveu máis difícil, máis se dificultou tamén a dos que menos teñen. Porque antes, na época boiante da economía, entidades oficiais e particulares amosaban a súa solidariedade dun xeito xeneroso e as entidades correspondentes podían contribuir a paliar as dificultades dos menesterosos.

Pero coa chegada da crise sufriuse un doble efecto: aumentaron os necesitados de axuda e diminuiron as axudas. Aumentou ata un cincuenta por cento as peticións que recibe Cáritas, e diminuiu un vinte por cento a aportación dos galegos ás entidades benéficas que funcionan no país.

A solidariedade é difícil de cuantificar, e mesmo sexa quizais imposible porque non só pode concretarse en aportacións económicas. A solidariedade pode ser moito maior, pero a súa cuantificación é máis pequena e a necesidade segue en aumento. Seguro que a solidariedade teórica ou moral aumenta e fortalécese. Pero no caso que nos ocupa, na diminución de aportacións, é un drama que podemos cuantificar e difícil de paliar. Porque quen pode solucionalo –particulares e institucións- depende dunha cadea económica (case unha “cadea de favores”), que resulta ser un eslabón maís do complicado entramado económico e social no que estamos incardinados.

O nivel económico de solidariedade ven ser un termómetro para medir a situación económica xeral, a percepción social da situación económica, que só nós podemos solucionar, manter, estudiar e aplicar. Solidariedade, si; pero segura.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES