Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na leira da morriña

Silva, Manuel - lunes, 19 de agosto de 2024
Despois de oitenta anos
atopeime coa infancia.

Atopeina nas leiras do recordo
eanos valos da memoria e da morriña.

Abrazámonos fortemente
e choramos de ledicia e de emoción.

E recordamos...

Como ó luscofusco
cazabamos vacalouras
con ramallos das pólas de carballo.

Como nos prados,
cunha herba longa,
sacabamos ós grilos dos seus buratos.

Como no verán aprendiamos a nadar
nun remanso do río da Mera
e saiamos da auga cheos de samesugas.

Como os domingos, cando iamos á catequese,
xugabamos ás escondidas no cemiterio
entre as tumbas dos defuntos.

Como choramos
cando mataron a cabuxa
prá festa do Samartiño.

Canta morriña!
Canta soidade!
Cantas ganas de volver a revivir aquelo!
Silva, Manuel
Silva, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES