Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobredose

Xiz, Xulio - viernes, 16 de agosto de 2024
Hai vinteoito séculos que nas olimpiadas rexía un pacto temporal de paz (ekecheiria), e días antes e despois, máis os do singular acontecemento deportivo, non se podía loitar nos ambitos daquel mundo civilizado do que tanto temos que seguir aprendendo. O Comité Olímpico en 1992 e a Onu en 1993 pediron aos Estados membros o respecto desta paz olímpica.

O exemplo máis ostensible de que o espíritu olímpico non chega moi lonxe está en Israel co ataque da mañá do sábado, dia sacro naquelas latitudes, onde o sangue, os berros e as bágoas resoaron máis alto, máis lonxe e máis forte ca nunca.

Sendo crente do "mens sana in corpore sano", coido que coas Olimpiadas os organismos e medios públicos estiveron facilitando mensaxes que teñen que ver máis co "panen e circenses", que coa exaltación do esforzo, o traballo e o cultivo do corpo para mellor abrir os ollos ao que nos rodea.

Hai un nacional nacionalismo de pandeireta que aflora en base a xestos rubialescos que basean os triunfos en órganos impropios; que fai envolverse na bandeira aos que a bandeira nada lles di, con motivos que non teñen que ver co rectángulo bermello e amarelo que a outros efectos lles estorba; que cando falan da Selección falan de "la Roja" con disociación intencionada dunha bicor que lles resulta molesta.

Coas Olimpiadas pasoume coma coas bafaradas deste verán que, cando acaba a calor e chove un pouco, tonifican corpo e espíritu. Agora que acabou o aluvión deportivo-nacional, e os medios oficiais non teñen máis remedio ca mirar pola casa, podemos respirar aliviados pensando en volver á vida normal, dentro do que cabe.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES