Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Televisión sen anuncios

lunes, 11 de mayo de 2009
O mundo audiovisual levaba suspirando por unha televisión institucional sen anuncios, o mesmo que sen anuncios está Radio Nacional de España desde hai xa bastantes anos. R.N.E. tivo unha longa etapa de explotación publicitaria, como a teñen desde o seu nacemento a Radio e a Televisión galegas.

O papel institucional de Televisión española pide claramente a súa liberación da dictadura da publicidade para poder ofrecer programas de tipo educativo, cultural e formativo con financiamento público en tanto que a loita pola publicidade en televisión ha quedar para as numerosas canles privadas que non gozan de ningún tipo de financiamento oficial.

O goberno ven de anunciar que TVE deixará de emitir publicidade desde o próximo setembro, pero o xeito de facelo caeu como un xarro de auga fría nos sectores afectados, xa que as televisións privadas deberán aportar o tres por cento dos seus ingresos e os operadores de telecomunicación o 0,9% dos seus. Pola súa parte, Hacienda renunciará a favor de TVE ás taxas que viña percibindo pola utilización do espazo radioeléctrico. Só é un anteproxecto de Lei polo de agora, pero agárdase que moi axiña se consolide a situación.

Con independencia das reaccións dos afectados, entre as que os operadores de telecomunicación xa ameazaron con repercutir esas cantidades nos seus clientes, a medida parece razoable xa que os medios con financiación pública que participan tamén no mercado publicitario xogan con vantaxe ou con barallas marcadas.

E despois de TVE deberalle tocar ós medios oficiais de cada autonomía que están na mesma situación. Non parece lóxico que a Radio Galega emita publicidade coma o resto das emisoras da Comunidade -agás RNE- e Televisión Galicia deberá experimentar similar transformación para cumprir verdadeiramente co seu papel educativo e informador ó servizo de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania