Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A QUE NOS ESPERA

lunes, 30 de junio de 2003
Despois de participar durante cinco anos na elaboración da Lismi (Lei de Integración social dos minusválidos, aprobada no 82) cheguei a poñer ilusión nela. ¡¡Unha lei!! Pensaba que aquí se acababa parte da nosa loita, pero inocente de min... O posterior incumprimento viña a engadir un problema máis. Rematou o prazo de dez anos cun balance que non podía ser máis negativo. Un desenrolo que non chega a un 30% deixaba moi claro a necesidade de retomar este tema. E a isto quería referirme porque estamos, por fin, ante unha nova lei: Lei de igualdade de oportunidades e non discriminación das persoas con discapacidade.

Semella unha lei obrigada para aportar algo a este Ano Europeo con declaracións que debían estar superadas e, o máis lamentable, con pouca vocación de cumprirse. Vén a dicir que é un cidadán con dereitos iguais e non un ser inferior ó que os "normais" deben coidar. Aínda estamos con esas. Supón un importante avance desde o punto de vista da consideración das persoas con discapacidade e os seus dereitos na sociedade (xa somos persoas), pero carece de vontade para provocar un cambio a corto e medio prazo reducíndose a estudios, plans e programas sen saber moi ben para que serven e dando a sensación de empezar de cero. Vinteún anos despois da Lismi (que xa contemplaba a accesibilidade dos edificios) falar aínda de normas mínimas, cláusulas de axuste ou custo razoable e prazos de 15-17 anos pode resultar insultante. A que nos espera.

Queremos hoxe os dereitos que outros teñen garantidos desde sempre. Non se poden aceptar limitacións no financiamento das liberdades básicas. As persoas con discapacidade, o 9% da poboación española, temos nome, cara, sentimentos e, sobre todo, temos dignidade.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES