Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (37)

Otero Canto, Xosé - viernes, 16 de agosto de 2024
Érase unha vez a feira de Monterroso

Unha vez fun á feira de Monterroso e merqueille unha vaca a un rapaz de Rodeiro, que está aló cerca do monte Faro a onde ía Fraga reunirse cos do seu partido.
Despois de mercarlle a vaca ao bo do rapaz, díxome con moita présa e moi apesarado
- Se puideses despacharme axiña porque teño ao meu pai tolleito e non pode valerse por si mesmo, agradecíacho. Así que págame a vaca no tratado.
Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (37)Voume eu e saquei da carteira os cartos e pagueille o que tratamos.
O bo do rapaz marchouse no coche da unha da feira de Monterroso e de alí a un pouco soamente, vai e deulle a gota á vaca comprada porque escapou e rompeulle os paus da tenda que tiña montado un tendeiro, e caendo ao chan.
Visto o sucedido, díxenlle a dous parceiros meus o seguinte;
- Collede un taxi e ide tras do autobús e mais tras del, a ver se o podedes coller antes de que baixe do coche.
Así o fixeron e collérono polos pelos cando o rapaz se estaba baixando en Rodeiro, parárono e el ben os coñeceu porque os dous parceiros estiveran tamén ao trato. Nestas dixéronlle:
- O que che pagou a vaca tivo un engano contigo nos cartos, así que volve con nós que non te deixamos marchar e levámoste no taxi arreglar o asunto.
E trouxérono ata a feira de Monterroso, mais eu xa tiña avisado á Garda Civil e as testemuñas de que á vaca lle daba a gota. Chegaron todos e había moita xente ao redor como é mester nestes casos, cando a xente non ten aínda televisión e as novas suceden diante dun aproveitan para vivilo en primeira persoa.
Cando vin ao bo do rapaz diante, díxenlle:
- Amósame os cartos que che dei porque me enganei.
Sacou todos os cartos e segundo o fixo, daquela mesmo boteilles a man pero non llos dei sacado todos. A todo isto a Garda Civil estaba presenciando o caso.
Logo chegou un home dicindo:
- Este foi o home que che vendeu a vaca que lle dá a gota. Este mesmo vendeume a min dúas no mesmo día na Golada e tiñan as dúas tamén a gota.
E contesteille eu
- Por iso me dixo “O Mesquiño” de Monforte: “Levas unha vaca e non ha ser legal”.
Nestas vólvelle a dar a gota á vaca e dixen eu:
- Vouno marcar na cabeza para que o coñezan todos
E levantei a caiada e pegueille un pau na cabeza e empezou a sangrar por unha ferida na que lle tiveron que dar cinco puntos.
Inmediatamente a Garda Civil bótame a man e díxenlle:
- Sólteme que o cravo coa tesoura
E soltoume e el foi polo médico e eu para o cuartel da Garda Civil. Logo díxenlle a dous leoneses que había alí
- Se fan o favor, acómpáñenme para que non me peguen no cuartel.
Era moi común que os gardas repartisen golpes e “hostias” na España da época.
Os leoneses acompañáronme ata o cuartel, mais entrando pola porta, os gardas dixéronlle aos acompañantes que esperasen fóra. Voume eu e díxenlles “pasade para dentro” pero para que o fixesen tiven que pegarlle un golpe á porta, e pasaron.
Un dos gardas era amigo do que me vendeu a vaca da trampa porque tiña un familiar que era sarxento da garda civil por aquela zona e trataba de axudarlle.
Despois quixen chamar por teléfono pero non me deixaron ata que chegou o fillo do caseiro dun xeneral no réxime de Franco
Quen era o fillo do caseiro? Era un amigo meu porque durmía na miña casa cando estaba facendo a “mili” no campo da aviación de Rozas, e cando lle cerraban o cuartel quedábase na miña casa patrucial. Todo isto sucedía cando eu aínda estaba solteiro e sen compromiso.
O fillo do caseiro do xeneral díxolles:
- Se non o deixan chamar por teléfono, chamo eu ao meu pai para que el tamén chame ao amo.
Logo deixáronme chamar por teléfono e chamei ao meu tío que era tenente da garda civil na Coruña, e alí apareceu ao cabo de dúas ou tres horas. Segundo entrou pola porta puxéronse todos firmes e díxome a min que lle contase o que pasara. Eu díxenlle a verdade e el contestoume:
- Dálle os cartos que lle faltan ao vendedor. Non mando que te arresten e márchate para a túa casa. E a ti e aos acompañantes que vos poñan un taxi que vos leve ás vosas respectivas casas.
Aínda hoxe non son quen de saber quen pagou o taxi.
Pero como a vida é un pequeno pano das mans teño que dicir que o garda civil que estaba en contra miña, o que era amigo do outro que me vendeu a vaca da gota, aos poucos días mandárono para África desterrado e aos poucos anos apareceu o vendedor na miña casa.
Eran dous homes e mais o vendedor da vaca da gota que me viñan pedir un favor. Eu díxenlles que o favor que llelo facía sempre e cando non fose cousa do que me vendera a trampa.
O favor era ir a Bonxe a xunto dun señor que lles debía cartos e non sabían por onde habían de ir, nin onde era. Eu coñecía todo aquilo e tamén ás persoas e leveinos alí e deixeinos quedar e vínme para a casa.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES