Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 14 de agosto de 2024
Detrás dunha toxeira

Hai uns meses, facendo zápping pola televisión, atopeime coa emisión de "Unha aventura en pelotas", que, ó instante, deume unha idea... levo xa 22 días escondido detrás dunha toxeira. Non estou en pelotas, pero si practicamente coas mans baleiras. Á miña dereita descansa a mochila coa que ando diariamente e que só contén unha pequena carteira, papeis, un caderno e dous ou tres bolígrafos. Nada de certos aparellos que me poidan valer para subsistir.
Pingas de Orballo De que vivo? Teño a sorte de que, a un metro xusto, hai unhas carpazas nas que, baixo a súa sombra, agroman, abrollan unha morea de apóutegas. Só como unha ó día; e para que me faga máis bocado, envólvoa en flores de toxo. A flor do toxo, a maiores de ser bonita, está rica.
Como non teño outra cousa que facer e me aburro, estou á espreita dos bichos que poidan pasar á miña beira. Malo será que algún non me serva para completar a larpeirada. Como o día que asomou un paxaro para facer o seu niño. Viume tan inmóbil que se confiou demasiado. Cun simple caxato canteille un responso e graveille na terra un requiescat in pace.
Cun bo golpe propiciado polo meu propio puño, fixen lume nun ollo e asei a pouca carne do pardal, pero suficiente para compangar coas apóutegas. Algunha vez caeu algún grilo e a piques estiven de cazar un pombo -que daría un bo bocado-, mais os seus reflexos deixáronme coas ganas.
Na miña casa non saben nada. Dixen que marchaba por tabaco (levo 28 anos sen fumar), aínda que non fun lonxe. Quedei en Barricobos escondido detrás dunha toxeira. Quero pasar dos 25 días.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES