Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un toque de atención

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 15 de agosto de 2024
Aínda que os medios de comunicación nos mostran noticias a toda plana sobre os feitos máis destacados da actualidade, non reflexan toda a realidade.
Se nos fixamos un pouco vemos que hai moitas persoas boas que se esmeran por ser serviciais, amables, comprensivas, xenerosas, caritativas... e non saen na prensa.
PERSOAS QUE CONSTRUEN UN MUNDO FELIZ PARA TODOS:
-Aqueles netos que acompañan á súa avoa, ó seu avó á praia para que poidan darse un baño e tomar o sol.
-Aquela persoa descoñecida que ve un ancián en dificultades e ofrécese voluntaria e gratuitamente a prestarlle axuda.
-Aquelas familias que conservan o amor entre os seus membros aínda que teñan contratempos como temos todos.
-Aquelas criaturiñas que van medrando cunha educación moi esmerada e saben comportarse.
-Aquela rapacería que sabe divertirse ó tempo que prepara un futuro prometedor.
-Aqueles conductores que respectan as normas de tráfico e incluso teñen paciencia cando ven algunha imprudencia.
-Aquel profesorado que deixa moi bos recordos no alumnado.
-Aqueles sacerdotes que conservan o seu entusiamo evanxelizador aínda que a espiritualidade estea fría.
-Aquel personal sanitario que se ve desbordado pero mantén a calma.
-Aquelas persoas enfermas que levan con paciencia as súas dores.
-Aquelas persoas humildes e sencillas que non fan distinción por razóns sociais, econónicas, de raza…
-Aquelas persoas que nunca poden facer vacacións porque a súa situación non llelo permite.
-Aquelas persoas entregadas que fan felices ós que encontran no camiño da vida.
-Aquelas persoas de fe, esperanza e caridade que son prudentes, xustas, valentes e mansas de corazón.
-Aqueles fillos que atenden ós seus proxenitores cando as demencias se acumulan e fan a vida pouco menos que imposible.
E moitas máis...
Esas persoas merecen un toque de atención aínda que non saian nos medios de comunicación.
HAI MOITÍSIMS PERSOAS EXEMPLARES Ó NOSO CARÓN
Son persoas, normais e corrientes, que andan entre nós no día a día; pero distíguense polo seu bo facer.
Estas son as persoas que merecen a nosa atención porque elas son os motores do mundo.
Este tipo de persoas son persoas maduras que saben cultivar a súa personalidade con bos exemplos, con boas lecturas, con boas
compañías, co seu bo facer.
¿PRECISAREMOS UN TOQUE DE ATECIÓN?
Pode que sí porque vivimos nun mundo de moitas apariencias.
Non é ouro todo o que reloce.
A veces hai que busca-la realidade da vida en persoas coherentes.
Persoas que non saltan á vista; pero fan a súa misión con cariño e dedicación.
Cumpren o seu rol na sociedade.
Saben acomodarse á súa situación e son felices na misión que lles toca realizar aínda que esta sexa moi humilde e laboriosa.
PERSOAS QUE DESTACAN NO SILENCIO
Son moitísimas as persoas que destacan no silencio:
-Esposas e esposos que non se comprenden pero fan de tripas corazón para que a familia siga adiante.
-Persoas de vida relixiosa que conviven renunciando a moitos praceres por amor a Deus e por amor ó próximo.
-Persoas que sofren unha soidade indesexada e lévana con moita paciencia e resignación.
-Persoas anónimas que carecen dos recursos básicos para levar unha vida digna.
-Criaturas que sofren a incomprensión dos seus pais.
-Criaturas que se quedan orfas froito da violencia machista.
-Tantas criaturas que chegan ós centros de menores... Todas as persoas que non poden disfrutar do cariño e das necesidades básicas, deberían chamar a nosa atención para alivialas na medida das nosas posibilidades.
Certo que moitas veces pasan inadvertidas porque levan a súa cruz moi escondida.
Certo tamén que moitas veces non podemos facer nada porque non nos podemos meter na súa vida íntima.
O crentes sempre temos o recurso de pedir ó Todopoderoso que se apiade de tanta necesidade e que nos perdoe as nosas faltas de
caridade.
A CARIDADE NON PASA DE MODA.
A caridade é a raíña de tódalas virtudes; pero hai quen prefire a solidariedade; tamén vale.
Pero...
DO DITO Ó FEITO...
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES