Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 13 de agosto de 2024
Cando a climatoloxía nos sobrepasa

Alustrou, tronou, choveu, ceo negro, saíu o sol, ceo azul, acochou a estrela amarela, ceo gris, volveu saír o sol, novamente ceo azul... Este baile quita todas as ganas de moverse e a nugalla faise dona e señora da existencia. Como as pingas de suor que brotan, bañan e escorregan pola pel. A roupa pégase. O bochorno molesta. E os comentarios saen a flote en calquera conversación.
Pingas de Orballo Sempre é o mesmo. Só lembramos o momento. Esquecemos que as conversacións climatolóxicas son sempre as mesmas e en todos os anos, en todas as etapas. Que bochorno. Que calor. Que forma de chover. Nunca nevou tanto. Nunca me asustaron tanto os tronos. Así sempre: cada vez que hai unha actividade atmosférica moi forte, ou unha actividade adversa, desas que non cadran no tempo. Ou se cadran, pois o dito: moita calor, moita auga, moito frío...
Os refráns ou ditos ou sentenzas son para algo. Sempre nos acordamos de santa Bárbara cando trona. Ou sexa, que lembramos o tempo climatolóxico cando nos sobrepasa, ou cando pensamos que nos sobrepasa. Se hai 40 graos asustámonos e axiña berramos que nunca tal se vira. Ó mellor, o ano pasado, por estas datas ou en datas achegadas houbo 41 ou 42. Destes xa non nos acordamos. Vivimos tan só o momento.
Por veces, chegamos incluso a formar guerras dialécticas sobre eses momentos que pensamos que son únicos. Menos mal que hoxe en día xa podemos botan man das estatísticas. Se non fose por estas, a tronada, a saragana, a nevada, a seca, a xeada... serían sempre as máis grandes desde que alguén as recorda. Por certo, hai un bochorno que nunca tal se viu.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES