Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tres parroquias menos

Santalla, Iago - miércoles, 14 de agosto de 2024
Soutomerille en Castroverde, Rebordondo en Monterrei e Virxe do Camiño en Pontevedra, son as tres parroquias que, segundo Nós Diario, figuran no censo con 0 habitantes. Polo tanto pódese dicir que fican mortas e abandonadas.

Agora ben, que se vai con elas? Vaise o nome das casas, o nome das leiras, as festas de gardar. Vanse , tamèn, os oficios tradicionais. Quedan a súa sorte as casas e as cortes que un día facían fume de vida e soños. Tamén a súa sorte fica o monte que, ano tras ano, non deixa de arder sementando a traxedia da morte.

Isto ten solución? Non o sei pero si sei do abandono total por parte dos desgobernos sucesivos. Ninguén se preocupa de levar benestar ao rural. Pola contra desmantélase o pouco que se fixo. Aí temos, por exemplo, a redución de médicos que leva a unha merma na atención primaria dunha poboación envellecida e necesitada de coidados.
Loxicamente a xente procura o seu benestar e vaise ás cidades pero quen goberna debe manter o medio rural porque, se cadra, cando nos decatemos do drama xa non ten sentido unha consellería con este nome.

Pensen nunha cuestión: porque é tan complicado o relevo xeracional na gandaría?, pensen, tamén, o motivo polo que moitos gandeiros evitan que os seus fillos continúen. Todos queremos benestar e, se non o atopamos no noso medio buscámolo fora.

Con cada parroquia que morre a nosa identidade colectiva perde voz e con ela apagase a memoria dos avós.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES