Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caldo de Cultivo

viernes, 08 de mayo de 2009
Xa hai un tempo que está acontecendo un fenómeno que a cotío vaise desenrolando e agora están en pleno crecemento. Estou a falar de grupos neonazis, neofranquistas activos e violentos nas rúas e tamén cunha intensa actividade en Internet. Se facemos un percorrido polas webs desta clase atopámonos que en tódalas comunidades hainas mestas e florecen coma fungos. Un dos problemas principais desta eclosión na xuventude está no forte paro que temos e son fonte de cultivo para rachar co establecido e traspasar a raia. Nalgunhas webs pode calquera ler cousas como: “Somos fascistas, neonazis y racistas, hay que romper, apalear y matar”, esa é a consigna e ninguén pon remedio a esta impunidade. Coido que neste país sempre reaccionamos cando chegamos ao punto crítico, sendo o remedio dabondo difícil.

Neste intre non se teñen moitas estatísticas oficiais, a pesar das recomendacións que a OSCE (“Organización para la Seguridad y la Cooperación en Europa”), o fixo neste sentido ao Goberno, e o Ministerio do Interior ata o momento non da case ningún dato.

O informe Raxen, que edita o Movemento contra a Intolerancia comenta que, nos últimos dez anos se lles imputa máis de 60 asasinatos de persoas, 4000 agresións ao ano e sigue dicindo que “de momento, non buscan resultados electorais, están creando solo, crecendo desde abaixo” e teñen denuncias de actuacións violentas nunhas 90 cidades do estado español.

Senón se pon remedio agora ao problema pódese agravar nestes vindeiros anos de crise e paro, evitar que a historia non se repita como pasou en Alemania, Italia e máis tarde España nos anos de grande recesión.

Coido que nos centros de ensino dos adolescentes é o punto clave dese comezo de base cultural onde os mestres e educadores teñen unha grande responsabilidade de atallar este becho velenoso. Temos que explicarlle con razoamentos moi claros o significado dun réxime fascista, dicirlles a estes rapaces e rapazas de 14 e 16 anos (seguro que non o cren) que soamente por ser muller non tiña ningún dereito, non sendo que llo dera os seus pais ou esposo, non podían arrendar, nin ter unha conta bancaria, xeralmente tíñase que ler os libros que a autoridade competente dispoñía. Unha xuntanza na rúa de máis de tres persoas era unha manifestación e podía ser reprimida. As reunións e festas de máis de vinte persoas tiñan que ter permiso da policía e pobres dos organizadores que se pasaran da hora, multa ou cadea, xa veríamos como esta xuventude podería organizar os “botellóns”; non o ían a ter moi claro. E estes exemplos soamente son un pequeniño porcentaxe da represión dos dereitos do ser humano.

Pódese facer isto e moito máis se temos vontade de explicar con conferencias, seminarios... nos centros de ensino para evitar en parte este fenómeno intolerante que crece día a día.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES