Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Libre competencia

jueves, 07 de mayo de 2009
O comercio en Europa réxese pola libre competencia. E que cada quen aplique as forzas que posúa nunha loita que nunca será de igual a igual.

Ata agora, para instalarse as grandes superficies na comunidade galega necesitaban unha doble licencia: do respectivo concello para poder abrir ó público como calquera outra empresa ou actividade, e da Xunta de Galicia para a propia actividade comercial se a superficie da instalación superaba determinados baremos que para os pequenos concellos -ata 5.000 habitantes- se establecía nos 650 metros, e para as cidades nos 2.000.

Por aquelo da libre competencia que é un dos máximos dogmas da Unión Europea, a norma ata agora vixente terá que ser cambiada para eliminar estes límites, suprimindo esa segunda licencia, abogando pola libre instalación de superficies comerciais que contenderán na percura de clientes co resto de establecementos existentes ou que se instalen na súa área de influencia.

Tamen se verán afectadas as rebaixas que por norma -os consumidores coidabamos que existía liberdade no tema- non poden ser máis de dúas por ano e en momentos determinados. A nova norma deixará liberdade para que o comerciante poida utilizar as rebaixas como elemento diferenciador da súa política de relación co público.

Libre competencia é a esixencia. Que nunca será competencia real e libre porque os condicionantes de cada empresa ou empresario son as que dictan as verdadeiras regras de xogo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES