Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estafa descarada

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 15 de agosto de 2024
Esta historia que vou narrar, é totalmente certa, pero unha vez máis, debo omitir os nomes do tódolos protagonistas. Só vou a dicir, que os feitos aconteceron na parroquia focega de Vilaronte, alá polo anos corenta.
Un pai de familia, que dispoñía de moitas terras e montes, pero non de cartos en metálico, pediulle a un empresario unha determinada cantidade prestada. Estamos falando da época dos prestamistas cando por estes lares non había bancos.
O empresario prestoulle a cantidade solicitada, pero abalada polo capital do que dispoñía o solicitante. Era un documento no que se prestaba esa cantidade de diñeiro en metálico a cambio de que, se nun determinado prazo, non se devolvía o diñeiro, varias das terras e montes pasarían a propiedade de quen prestara os cartos.
Daquela, existía un curioso truco, no que a maioría da xente caía, pois o truco consistía en que prestamista e debedor ao ser veciños, cando este último ía devolver a cifra prestada, adoitaban a ir de "hombres buenos", e lles dicían "non te preocupes, ti amáñate, que a min os cartos de momento non me fan falla, así que, vaite tranquilo, que xa mos devolverás".
E claro, o home confiado, marchaba para a casa cos cartos e non se decataba de que era un vil engado para que o documento cumprira coa data de prescrición.
E así acontece. En pouco tempo, o desafortunado veciño é reclamado polo xulgado para pasar ao litixio e entregar as escrituras correspondentes ás terras e montes acordadas no préstamo.
O empresario baleiroulle todo canto tiña, tal e como o documento detallaba, pois a verdade é que o enganou facéndolle crer, que xa pagaría debido á súa amizade e veciñanza, pero a xogada foi mestra e deixouno sen nada.
Co paso do tempo, temos á vítima desta estafa, no leito de morte para render contas ante o Señor. Un día, visitouno un veciño e a nosa vítima díxolle ao veciño, "faime o favor, e vaille dicir ao empresario, que me veña visitar, que lle quero entregar as escrituras que me faltan de darlle para logo irme en paz".
Cando o empresario chegou á casa da súa vítima, os fillos non lle deixaron entrar, pois "papá, ten debaixo da saba unha pistola coa que te quer matar, como el xa vai morrer, todo lle importa moi pouco, e nós non queremos ser cómplices dun asasinato".
Pasados dous anos de todo isto, o Xulgado de Foz, reclama a presenza dos fillos a requirimento do mesmo empresario, que ía acompañado dun procurador, que era o seu testaferro.
Unha vez no Xulgado, o Xuíz coméntalle aos fillos, que unhas terras que lles quedaban, tiñan que entregarllas ao empresario, xa que este dispoñía das escrituras legais asinadas polo pai deles.
Miradas as escrituras, os fillos observan, que efectivamente as escrituras estaban asinadas por seu pai e nada había que obxectar, pero apenas dan media volta para marchar, a filla máis nova, que tiña quince anos, quédase pensando e volve a xunto do Xuíz e lle di "señor Xuíz, esas escrituras son falsas". O Xuíz pasmado, pregúntalle á rapaza, "que razón tes para dicir que esas escrituras son falsas?". "Pois verá, señor Xuíz, dixo a rapaza, decateime de que son falsas, pola data das escrituras, pois se comprobamos a data das escrituras e a data da morte de noso pai, é imposible que noso pai asinara esas escrituras dous anos despois de morto. Mire no libro de defuncións e verá como noso pai morreu dous anos antes desa data".
Efectivamente, o Xuíz mirou o libro de defunción e descubriu, que a filla estaba no certo, o pai morrera dous anos antes da data que supostamente el asinara.
Claro que, daquela tanto o empresario como o procurador marcharon tan panchos como se nada pasara. Hoxe ambos estarían presos.
Hai que destacar, que este tipo de historias hóuboas por toda Galicia, pero os descendentes deste tipo de raza, hoxe en día pensan que os seus antepasados obtiveron as súas fortunas, porque era os elixidos de Deus.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES