Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con esperanza e intuición

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 08 de agosto de 2024
Que estamos pasando por tempos difíciles, sabémolo todos.
Ó longo da historia sempre houbo tempos duros porque os humanos somos moito máis imperfectos do que non imaxinamos.
Todos queremos te-la razón e facemos o que sexa para demostrar que somos mellores que os outros; pero a maioría das veces estamos equivocados, moi equivocados.
E caemos en tentacións que nos levan por rotas erróneas.
Os que levamos moitos anos peiteando canas sabemos por experiencia que a vida non é doada, que hai que aprender a estar e a renunciar a moitas cousas pequenas para estar preparados para renunciar a cousa grandes, moi grandes...
Sabemos que para levar unha vida máis ou menos digna hai que suda-la camiseta desde nenos.
Si, digo ben cando digo desde nenos, aínda que a alguén lle poida parecer esaxerado.
Desde que unha criatura empeza a entender, hai que facerlle comprender certas realidades da vida diaria, tales como:
- Que non pode comer o que quere, senón o que é mellor para o seu desenrolo persoal.
- Que ten que aprender a pedir permiso para saber se pode ou non pode facer según que cousas.
- Que ten que aprender a perder porque na vida non sempre vai gañar.
- Que ten que aproveitar os estudios para adquirir unha formación que lle permita gañarse ben a vida.
- Que ten que ser puntual para non perder o autobús escolar.
- Que ten que respectar ás persoas maiores, etc.
Pero non.
Son moitos os pais de hoxe en día que din que esa non é maneira de educar; queren que os seus fillos aprendan con fórmulas máxicas para que non se traumaticen e, eso si: que non lles falte de nada.
¿QUÉ DI O PROFESORADO?
- Que con pais que non saiban ser pais, pouco se pode facer coas criaturas.
- Que o futuro destes nenos non é nada prometedor.
- Que estamos creando unha sociedade moi inhumana, nunca vista.
- Que só unha minoría do alumnado ten unha boa base familiar para que a escola poida cumprir os seus obxectivos.
- Que imos mal.
¿QUE DI O CLERO?
Que a espiritualidade está moi fría porque priman o materialismo, o hedonismo, o consumismo: valores que nada teñen de cristiáns porque non satisfacen as necesidades da alma humana.
¿CANDO APRENDEREMOS?
Non se sabe moi ben porque cando os pais de hoxe en día vexan os froitos nos seus fillos, verán que se equivocaron; pero xa pouco se poderá facer.
A sociedade collerá outro rumbo no que moitos:
-Pensarán que teñen dereito a coller o que non é seu para satisfacer as súas necesidades porque de pequenos ninguén lle dixo que hai que respecta-la propiedade allea.
-Pensarán que teñen dereito a unha vivienda digna e ocuparán ilegalmente a primeira que encontren libre, cando o presuposto non lles alcance.
- Pensarán que teñen dereito a ter todo tipo de comodidades e, cando non poidan pagalas, esprimirán á familia, empeñaranse ou roubarán.
- Pensarán que todo o monte é ourego.
XA SE VEN OS PRIMEIROS FROITOS
- Familias desestrucuradas.
- Criaturas desatendiadas.
- Anciáns que non dan creto ó que ven, aínda que se adapten a duras penas ás novas situacións porque non teñen outra opción.
- Problemas de saúde mental en aumento en persoas de tódalas idades.
- Máis suicidios que nunca.
- Violencia de todo tipo en aumento.
O mundo vai mal; pero en certos aspectos tamén se mellora.
Mellórase porque os principios seguen aí para quen os queira levar á práctica na vida de cada día.
Somos libres para elixir e hai quen sabe facelo.
AÍNDA QUEDAN MOITAS PERSOAS CON PRINCIPIOS
Esas, son as que manteñan a esperanza de que as augas volvan ós seus cauces.
Son as familias que educan en valores ós seus fillos aínda que resulte difícil nos tempos que corren.
Son moitas as que educan con valores cristiáns que sen lugar a dúbida son: o sostén do mundo.
Grazas a esas persoas mantémo-la esperanza, porque sen esperanza non somos nada.
Esperanza, intuición, confianza en nós mesmos e, para os crentes confianza en Deus, son ferramentas moi necesarias para os que andamos un tanto despistados.
Moi despistados, andamos algúns.
¿Precisaremos un toque de atención?
"UN TOQUE DE ATENCIÓN"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES