Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Apoio a Cántigas da Terra e á cidadanía da Coruña

Santalla, Iago - miércoles, 07 de agosto de 2024
A noite do xoves ao venres arderon 4 colectores na Coruña. Hai persoas intoxicadas e danos inmobiliarios, sendo o local de Cántigas da Terra un dos afectados. Recoñecendo que me impactou o de Cántigas, quero amosar a miña solidariedade con todas as vítimas e coa cidadanía que ve en perigo o que é seu e a propia integridade.

Por outra parte haberá que ver quen está queimando e dirimir responsabilidades pero este é un dano terrible ás traballadoras e traballadores, que ven como o vandalismo fai cinsas a súa causa. Ningunha folga ten dereito a poñer en risco unha soa vida. Por outra parte toda folga necesita ter o apoio, a comprensión e o agarimo do pobo. Polo tanto, diríalle ao comité: cavilade na vosa razón de ser, condenade os actos (ou seguídeos condenando...) e procurade conquistar a cidadanía porque é ela a que está en risco e é ela a que vai crear un relato que, se cadra, ides perdendo...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES