Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 07 de agosto de 2024
Heroe de novelas baratas

Aire africano. Calor de inferno. Sol que cae de cheo. Trinta e nove graos sobre a conciencia dun mosquito. Síntome mosquito nesta canícula infernal. De que cor é a fervura dun pensamento e tan só unha sílaba dun verso? De que están feitas as margaritas que se expoñen na barra dun bar? Canta velocidade alcanza un caracol ó sacar os seus cornos ó sol? Hoxe nin tan sequera será capaz de os sacar.
Pingas de Orballo Sol que cae de cheo. Calor de inferno. Por culpa do aire africano. Ela, a muller, pon postura para a foto e deixa que os barcos se vexan tras súa. El, o fotógrafo, enfócaa e, con parsimonia, con profesionalidade, sácaa guapa, bonita. Ás veces chega un clic para inmortalizar todo un acontecemento. Ás veces chega un medio sorriso para deter o tempo. Por detrás, o mar está en calma.
Calor de inferno. Por culpa do aire africano. Por mor do sol que cae de cheo. Hai que ser heroes para saír á rúa con estes baremos climatolóxicos. Pero que todo sexa por un café, por un relato, por un tempo criminal ó que lle hai que botar peito. Que pensarán as follas das árbores cando non se bambean? E os canlóns, as calexas dos tellados cando hai seca? Que pensará a varanda na que se apoia ela, a muller?
Non queda outra que andar pola sombra para evitar esta tarde, máis que ardente, abrasadora; máis que tórrida, abafante; máis que sufocante, crítica; máis que asfixiante, esperpéntica. Esperpéntica por saír en plena canícula, en pleno inferno atmosférico ou climatolóxico. Pero... para que están os heroes das novelas baratas?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES