Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (36)

Otero Canto, Xosé - viernes, 09 de agosto de 2024
Isto era o pan de cada día

Unha das vacas que tiven leveina ao prado de Cortevedra para que pacese en compañía das outras teixas e cando isto estaba facendo, deulle a gota, mais en vez de caerse, escapou correndo, rompeu os arames de pico cos que estaba cerrada a finca, e a vaca segue "corre que te corre" ata que lle pasou e despois parou, pero isto non era o normal pois as vacas da gota xeralmente caen en vez de poñerse a correr como tolas.
Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (36)Daquela había homes que andaban á procura de vacas ás que lles deran a gota porque eran moito máis baratas, despois de mercalas a moi baixo prezo eles vendíanas como se fosen vacas normais, non dicían nada ao comprador para ganar moito máis diñeiro, pero quedaban desacreditados porque cando a xente os coñecía xa non podían facer máis tratos pois aínda que a vaca fose legal todo o mundo pensaba que lle daba a gota.
Había tantas vacas ás que lles daba a gota que incluso se vía darlles a gota nas mesmas feiras e caerse de repente. Había un truco para que non caeran, era preciso coller unha zoca, coa particularidade que esta tiña que ser de muller, non valían as de home, porque as de muller son máis abertas, teñen máis grande a abertura coa que se lle tapan os narices á vaca, apertándolle ben ata que lle pasase e para que non caese, despois a vaca xa se poñía máis tranquila porque non respiraba e parece ser que tapándolle os narices pasáballes máis axiña e non se caían.
Se unha vaca estaba xunguida ao carro e lle daba a gota, entón podía morrer, era moi perigoso que se afogase coa "apeaza", "pealla" ou apear que era unha correa ou un cordel que suxeitaba nos extremos das cangallas do xugo e que pasaba por debaixo do pescozo da vaca ao xunguila.
Isto era o pan de cada día.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES