Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 02 de agosto de 2024
Á espera de ser o que quero ser

Ás cinco menos vinte da tarde, baixo un sol que asa paxariños, quero ser troita de pé correndo polo río Arnoia ó seu paso polo parque das Mestras, en Baños de Molgas, pero resulta que me atopo a 30 quilómetros de distancia e tan só me queda, entón, ser pombo que nada polas estradas que van a Santa Ouxea, no concello de Barbadás. De querer ser a ser realmente vai un treito.
Pingas de Orballo É igual; quero ser espírito maligno e din que son un bendito. Din. Eu non digo nada. En tal caso digo que quero ser John Wayne nunha do Oeste e síntome Cantinflas esbardallando sen sentido. Quero ser amarelo coma a flor do toxo e son gris coma un evento incompleto. Quero ser o asubío do aire para tirarme desde o campanario da igrexa de Baños de Molgas, mais sento nun dos mazadoiros da rúa da Igrexa para mirar, precisamente, como aterra ese asubío.
Ás cinco menos cinco da tarde quero ser silencio entre o barullo que existe na avenida de Celanova e berro precisamente para vencer, para ser máis forte que todo este alboroto. Quero ser xoves e estou no luns. Quero ser miñoca, e verme luceiro, e ourizo cacheiro, e lobo, e cadelo, e un billete de 50 euros, e luz na noite, e corpo nu, esporrancho na penumbra; agora ben son coello, e bolboreta, e sapoconcho, e coxote, e gato, e unha moeda de tan só 1 céntimo, e escuridade na luz ó pechar os ollos, e traxe de astronauta no faiado.
É igual; son o que está á espera de ser o que quero ser. Como o asunto aínda está por ver, non queda outra que outear o horizonte e, en silencio, aguantar o ruído, o esperpento, a parvada, a estupidez, o aburrimento.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES