Os peores prognósticos
Editorial - viernes, 08 de mayo de 2009
Segundo quen nos informe, podemos sentirnos optimistas, pesimistas ou derrotados. Porque aínda que a situación socio-económica sexa unha sóa o cristal con que a miran os diversos observadores é dunha cor e grosor diferente para cada un deles.
Así, cada un de nós ten unha perspectiva e unha anállise global intuída, que non precisa de cirfras para saber que a situación é moi difícil.
O Goberno español considera que este ano a economía terá unha contracción do 1,6% pero en 2010 medraremos o 1,2%. O Fondo Monetario Internacional é máis pesimista e considera que os dous anos se vai baixar: 3% este ano e 0,7 o próximo. Un pouco máis pesimista aínda, o Banco de España estima que baixaremos este ano o 3% e o próximo o 1%. E agora chega a predicción da Comunidade Europea que considera que o Producto Interior Bruto baixará este ano un 3,2% e o 1% en 2010, empeorando fortemente as previsións que fixo hai tan só catro meses (-2% e -0,2%, respectivamente).
E para redondear a fúnebre estimación, a Comunidade Europea coida que este ano España vai chegar ó 20,5 dos traballadores en paro, o que supoñería que non terían traballo arredor de 4.700.000 persoas, o doble da porcentaxe media da Unión Europea.
Parece como se non puideramos ir a peor. E sen embargo aínda hai quen -entreles o goberno- soña con recuperacións, con que a perda de emprego vai máis lenta, que se albisca unha luz ó final do tunel.
Os prognósticos non poden ser peores. A percepción da realidade que nos rodea ofrécenos unha cor moi negra. Aínda que nos digan que comeza a branquear.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora