Xardín das Delicias
Silva, Manuel - lunes, 12 de agosto de 2024
A infancia é un Paraíso
do que nos expulsaron sen nós querer
-e antes de tempo-
porque nin sequera tivemos
a oportunidade de probar as mazás
da maceira prohibida.
Por iso,
canto máis vou pra vello
máis gurro por volver a el.
Regresar ó xardín das Delicias
é una reivindicación
á que nunca debemos renunciar.
E non só hai que volver.
Tamén temos que estercar e regar,
porque, se non se regan as raíces,
as árbores e as flores sécanse e morren.
Silva, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora