Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Febres

miércoles, 06 de mayo de 2009
Tiñamos gardado o término “febre” para expresar determinadas ansiedades ou apetencias pero deixara de preocuparnos en relación coa saúde.

Velaquí que, de repente, nos preocupa unha febre que procede de México, que lle chaman “do porco”, porque inicialmente procedeu dun grupo destes animais, estando localizado o que se chama “Paciente cero”, un rapaz mexicano de cinco anos de idade.

Houbo febres que causaron millóns de mortos, pero todos coidabamos que na actualidade está controlado este tipo de catástrofes, e existen medidas preventivas e curativas para solucionar calquera brote.

Esta que agora temos, global por información global, transmítese rapidamente nun tempo en que as viaxes son credo obrigado de todos nós, e a Oms pide ós gobernos do mundo que manteñan a vixiancia para ter controlada a evolución da praga.

Sábese que a gripe non é mortal de por si, contrólanse os contaxiados en cada país civilizado, pero o turismo a México sofre fortemente, a preocupación cunde nos aeroportos e comezan a utilizarse mascariñas preventivas e soben as accións das empresas farmacéuticas que fabrican antivirais recomendados para loitar contra o virus.

Hai preocupación no sector do porcino porque a gripe poida danar o sector, por restrinxirse o consumo. E todas as voces son unánimes ó indicar que ningún problema hai ó respecto, que o consumo da carne de porco non ten ningún problema, e que a tranquilidade debe reinar por riba de todo.

Hai unha febre sicolóxica sobre unha febre física, que debe remitir e que alguén con autoridade e credibilidade debe despexar dunha vez por todas. Todas as febres teñen tratamento. Esta, tamén.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES