Toda a vida
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 01 de agosto de 2024
Desde que chegamos a este mundo, todos imos facendo. ¿Qué imos facendo?
Camiño ó andar como dí o poeta; pero no noso camiñar imos deixando pegadas.
Pegadas que marcan o noso ritmo de vida en primeiro lugar.
Esas pegadas, para ben ou para mal, van marcando a nosa personalidade e esta vai medrando según as nosas capacidades e as nosas circunstancias persoais.
O TALENTO E AS CIRCUNSTANCIAS SON AS QUE MANDAN NA VIDA DAS PERSOAS.
Diferenciámonos uns dos outros según a maneira de administra-los talentos; pero as circunstancias son as que son para cada persoa e moitas veces non se poden cambiar.
A maneira de administra-los talentos é moi importante porque todos temos moita valía; cada un según as súas preferencias debe organizarse para sacar o mellor de sí.
As circunstancias: unhas veces favorecen o outras non.
Hai persoas que gozan de boa saúde, dunha familia ben estructurada, dun nivel cultural elevado e dunhas relación óptimas.
A esas persoas non lles falta de nada e poden realizarse con soltura e eficacia.
Non lles pasa o mesmoa a outras, que somos a maioría: temos que loitar contra vento e marea en varios frontes.
En calquera caso, cada persoa tócalle vivir as súas propias experiencias e os seus propios logros.
¿ONDE ESTÁ O MÉRITO?
O mérito non se mide só polos froitos, aínda que tamén, mídese polo amor que cada quen poña en superarse.
As criaturas que nacen en familias acomodadas teñen que facer menos esforzo que outras fillas da familias con todo tipo de problemas.
Unha familia con boa situación socio-cultural-económica ten moitas máis posibilidades que as que non dispoñen dos recursos básicos.
PERO NO MUNDO HAI MISIÓN PARA TODOS
Para que todos teñamos a oportunidade de colaborar na construcción dun mundo mellor para todos.
Para ir facendo o camiño que nos toca percorrer:
Ás criaturas tócalles medrar física, intelectual, espiritual e psicolóxicamente.
Á xuventude tócale abrirse camiño a un futuro esperanzador aínda que estea cheo de incógnitas.
Ós adultos tócalles levar o peso social que xa non é pouco tal como está o mundo nestes momentos.
Ós que estamos na recta final tócanos seguir madurando para deixar un bo legado ós que veñen detrás.
En tódalas etapas corresponde ir madurando de modo integral nas dimensións: física, mental, psicolóxica e espiritual.
TODOS TEMOS UNS DEBERES E DEREITOS
Deberes e dereitos que nos acompañan ó longo da nosa existencia terrenal.
Desde que vimos a este mundo, e alcanzamos un certo grao de madurez, temos uns deberes que cumprir que van perfeccionando a nosa persoanlidade que será a que nos marque o camiño que nos corresponda.
Se cumprimos cos deberes, os dereitos son o froito merecido.
Por eso é tan importante educar para cumprir co deber correspondente segundo a idade e o lugar que nos toque ocupar na sociedade.
Hai deberes para cada etapa da vida, basta botar uha ollada para ver como:
-A infancia ten que cumprir co deber de aplicarse nos estudios, agora disfruta dunhas merecidas vacacións sen esquecer que algo tamén ten que repasar no verán para non non esquecer o aprendido durante o curso e seguir co hábito de aprender cada día máis e mellor.
-Unha parte da xuventude, ademáis de divertirse, aproveita para gañar uns cartiños para axudar a pagar os estudios.
-Moitos adultos están disfrutando dunhas merecidas vacacións e outros moitos están prestando os seus servizos á comunidade.
-Hai anciáns que aínda poden disfrutar da xubilación acompañados nos forgares ou en lugares de descanso; outros xa están na etapa final ofrecendo as súas vidas como unha oblación para volver á orixe.
HAI TRABALLO PARA TODA UNHA VIDA
Tódalas etapas da vida teñen a súa misión, as súas luces e as súas sombras.
Toda a vida estamos consumindo etapas e todas nos levan a colaborar na construcción dun mundo mellor porque estamos chamados á trascendencia e confiamos que coa axuda do Alto todo é posible.
As nosas forzas teñen un límite; pero as nosas aspiracións son elevadas se mantemos o optimismo con confianza e esperanza.
Porque a esperanza non defrauda, mantennos en espectativa de resultados favorables.
Esperamos que todo sairá como nos propoñemos guiados pola nosa intuición que nos guía desde o noso ser interno.
A veces, a intuición axuda a resolver moitos problemas.
"CON ESPERANZA E INTUICIÓN"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora