Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dinme que morrín e vivo estou

Cabada Castro, Manuel - jueves, 01 de agosto de 2024
Os que aquí moran dinme que morrín.
Que tal cousa ocorrera eu non sabía
por máis que lembre aquela noite fría
cando ó eu volver a casa caín.

Atópome no entanto agora onda min
e o belo infinito é xa cousa miña.
Na morte pensando pasei a vida,
aínda que ben sei esta non ter fin.

Entes sermos para a morte dicía
un moi sisudo pensante alemán.
Foime esa idea sempre peregrina.

Non el sabía que en todo escintilan,
no fondo tamén de min e de ti,
lumes ceibos de toda anoitecida?
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES