Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desesperada situación por un cigarro

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 08 de agosto de 2024
Esta historia é de fai poucos anos, cando unha rapaza á que lle imos chamar María se encontra residindo e traballando en Austria. María recibe a desagradable noticia da morte de seu pai, polo que se ve obrigada a unha inesperada viaxe a Foz para despedir ao seu proxenitor, viaxe que fai na compaña do seu home e da súa filla moi pequeniña.
Rematados os actos fúnebres, María o marido e a filla, regresan de novo para Austria, pero por razóns da improvisación da viaxe, esta ten que facerse en avión desde Barcelona a Austria.
Destacar que María para o seu regreso a Austria, sacou os billetes de volta por internet, pero cando chegou ao aeroporto de Barcelona, dinlle en ventaíña, que os billetes non lle valen porque tiñan data para dentro de dous anos. Un erro informático que para actualizalos custoulle tres veces máis do que valían.
Solucionado o problema dos billetes, María e a súa familia, chegan a Austria e collen un tren rumbo á súa cidade de orixe. María observa como nos vagóns do tren cada vez que este se detén, aparece un letreiro luminoso que indica o tempo de duración da parada.
É tempo de inverno, pero no tren non fai frío, porque vai a calefacción acesa, polo que, tanto María como os seus, póñense cómodos sacándose a roupa de abrigo que levan posta.
O tren detense e María observa que o letreiro indica que a parada será de dez minutos; minutos que aproveita para baixarse do vagón e fumar un cigarro. Sae do vagón e con ela leva só o chisqueiro e o paquete de tabaco. Acende o cigarro, pero apenas lle da a primeira calada, péchanse as portas do vagón e o tren comeza a andar.
María observa que o tren se pon en marcha e non pode abrir a porta. Peta con forza para que o seu marido a escoite, o marido intenta abrir a porta, pero non o consigue. María fai sinais para ver se o condutor a ve polo espello retrovisor e para, pero non, o tren vaise quedándose ela soa nunha estación que a comparou coa de FEVE de Foz, sen ninguén responsable dela.
O frío era descomunal. A neve chegáballe preto do xeonllo, sen máis roupa que a camisa e o pantalón que levaba postos, sen móbil, sen cartos, con só o chisqueiro e o paquete de tabaco.
Aparece unha rapaza naquel lugar por mera coincidencia. María trata de explicarlle á rapaza a súa situación mesturando inglés con español (aínda non sabía falar alemán), para que lle deixara facer unha chamada co seu móbil. Por fin, a rapaza enténdea e préstalle o móbil. Intenta chamar ao marido, pero non había cobertura, a pesar de todo, o marido xa falara co revisor do tren e a empresa ferroviaria mándalle a un operario que cando chega a xunto dela, o único que fai, é en ton burlón dicirlle unha única palabra e en inglés, spanish?, ao que María responde, yes!. Pensa que é a súa salvación, pero o austríaco nin a invita a entrar, nin no coche nin tampouco no local da estación, aínda que o operario tiña a chave como María puido comprobar, como tampouco lle prestou a súa cazadora para polo menos abrigarse un pouco do moito frío que facía.
Medio conxelada, chega un novo tren. María sube a el, pero sen poder dar explicacións da súa situación por motivos de idioma, e aínda encima sen cartos para pagar o billete. Unha vez no interior do vagón e babando de frío, pasa unha azafata portando un carro con cafés, pero María non levaba cartos. Mirou á azafata con desespero e encollida de todo polo frío, pero levase unha nova e desagradable sorpresa, a azafata mira para ela e tamén con risa burlona pregúntalle, spanish?, ao que María responde, yes!, pero a azafata pasa dela e non ten a delicadeza de invitala a un café para que puidera entrar en calor.
Unha viaxe que nun principio era de dúas horas, acababa sendo de sete, por un cigarro, e ao encontrarse de novo co marido e a filla, o marido dille, a ver cando deixas de fumar!.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES