Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non me salves por favor

Santalla, Iago - miércoles, 31 de julio de 2024
Altri saca da chisteira que no kilómetro 0 do seu proxecto hai un 25% de analfabetismo e que veñen paliar a situación. Non sei se a análise conta coa poboación que vai fixar a empresa. Se é así non debe de ser moi estudada.

A nova dá que pensar: pode ser que buscara unha poboación manipulable e se atopara cunha contestación que agora hai que denigrar?

Se cadra é que o pobo gaña en ética, sabe que é o mesianismo e foxe del como gato escaldado da auga fervida.

Agora ben, os datos seguro que lles dan rédito porque aquí a falsidade cotiza en bolsa.

A min, por favor, non me salven da beleza dun paraíso comando polas augas nidias, frescas, limpas e agarimosas do Ulla.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES