Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (34)

Otero Canto, Xosé - viernes, 26 de julio de 2024
A mesma menciña aplicada na dose adecuada

Non baixaba do quince, nin subía do vinte e un, era a feira de ADOMONTE en Cospeito, alí onde a Virxe que leva o mesmo nome e que procede da lonxitude do tempo en que os celtas deixan os seus deuses para honrar á virxe que leva un nome tan bonito como a Virxe do Monte, naquela subida desde onde se ve a lagoa que noutrora asolagou a Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (34)cidade ancestral de Veria, por alí íanse poñendo as vacas que chegaban á feira entre o ulido a polbo e a peixe fritido, entre estes olores está Pepe do Cabozo de Momán, ao que lle merquei unha vaca teixa, boa, ben feita e ben encabezada, mais como se di normalmente, non hai nada neste mundo que se sexa perfecto e o mesmo lle pasaba á vaca, tíñao todo, mais na miña casa notei que se volvía ás mulleres e aos pequenos.

Sendo este un motivo suficiente para a súa devolución e despois de dicirlle ao Pepe do Cabozo que ma collese e, non querendo facelo este, outro día oito do mes da sega e estando na feira de Castro que daquela era os días oito e os derradeiros sábados de mes, volvín a repetirlle que ma collese porque se non había de haber máis que palabras, e negándose a tal facer, voume e estando nestas e para que vira que era verdade, enrodeleille a corda ao redor do corpo e non sei se tamén ao redor do pescozo cando pasaba por alí unha muller, e tal dito, meu feito, a vaca foise dereitiña a ela e o Pepe do Cabozo coa corda enrodelada arrastrándose pola feira. Todos quedaban de pedra ao observar como a vaca non facía caso de ninguén, aínda que a xente trataba de parala, ela nada de nada, seguía enfuscada cara a muller para turrala e como se non levase nada tras da corda cunha forza descomunal ata que se xuntou o xentío, a muller correndo para que non a turrara, e todos asombrados polo feito de ver unha vaca turrona como seguía á muller como se lle tivese inquina ou lle fixese algo.

Logo dun tempo pararon a vaca, collérona pola corda e asistiron a Pepe do Cabozo, que estaba co calzón e a chaqueta raxada por mor do arrastrón da vaca e todo cheo de cisco e bosta que na carballeira se xuntaba.

O home tivo que coller a vaca porque para mostra, un botón, e ao home xogueille a partida coas mesmas cartas que empregou el cando ma vendeu. Supoño que non lle quedaría ganas de volver a vender unha vaca turrona e por riba de todo, non a coller.
Seica de alí a uns días, ao mes seguinte andaban os cegos vendendo unha historia dun home que vendera unha vaca turrona e el mesmo foi partícipe da súa teima de non a recoller e que rezaba da seguinte forma: "A mesma menciña aplicada na dose adecuada".

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES