Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estrelas galegas

Viscasillas Vázquez, Carlos - jueves, 25 de julio de 2024
Hai uns días, na XVI Reunión Científica bienal celebrada en Granada, a galega Minia Manteiga foi nomeada presidenta da Sociedade Española de Astronomía (SEA). Este nomeamento é un motivo de orgullo para a ciencia en Galicia, xa que é a primeira galega e a segunda muller que ocupa a presidencia desta organización, que reúne a preto dun milleiro de astrónomos e astrónomas profesionais. Fundada en Barcelona en 1992, o principal obxectivo da SEA é contribuír ao desenvolvemento da astronomía e a astrofísica en España.

Galicia pode presumir de contar con tres destacadas astrónomas nas súas tres universidades: Minia Manteiga Outeiro na Universidade da Coruña; Josefina Faen Ling na de Santiago de Compostela e Ana Ulla Miguel na de Vigo. E nas tres universidades hai cátedras de Astronomía: a primeira na USC, creada en 1944, a da UDC en 2018 e a da UVigo en 2022.
Estrelas galegas
Seguindo a estela da ourensá Antonia Ferrín Moreiras, a primeira muller española en defender unha tese sobre astronomía, Galicia conta con varias mulleres doutoras en Astronomía e Astrofísica que traballan tanto en España como no estranxeiro. Aquí presentamos unha listaxe das que temos coñecemento, desculpándonos se falta algunha: Antonia Ferrín Moreiras (USC, 1963), Josefina Faen Ling (USC, 1989), Ruth Carballo Fidalgo (ULL, 1990), Minia Manteiga Outeiro (ULL, 1990), Ana María Ulla Miguel (ULL, 1993), Esther Pérez Fernández (USC, 1998), Alejandra Recio Blanco (IAC e Universidade de Padua, 2003), Raquel Oreiro Rey (ULL, 2007), Cristina Rodríguez López (UVigo, 2007), Marta González García (IAA, 2013), Alba Aller Egea (UVigo, 2015), Emma Fernández Alvar (ULL, 2015), Beatriz Agís González (UCM, 2017), Alba Fernández Barral (UAM, 2017), Isabel Rebollido Vázquez (UAM, 2020), Begoña Nicolás Ávila (UB, 2022) e Elia do Souto Espiñeira (UAB, 2024). A elas engadimos a Cecilia Doporto Regueira (USC, 2017), directora do Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa, primeiro Observatorio Astronómico de Galicia. Todas elas son exemplos inspiradores para as novas xeracións de astrónomas galegas.

Dende aquí queremos dar o parabén a Minia Manteiga polo seu recente nomeamento e expresar o noso orgullo pola súa traxectoria e logros, que sen dúbida servirán de inspiración para moitas máis mulleres no ámbito da astronomía e a astrofísica. Tamén queremos recoñecer a Josefina Faen Ling pola súa recente xubilación, quen ademais de dar nome a unha estrela dobre, é a comisaria da exposición “AstrónomAs", dedicada a mulleres astrónomas.

Carlos Viscasillas Vázquez
Investigador do Observatorio Astronómico de Molėtai en Lituania
Investigador Asociado do Observatorio Astrofísico de Arcetri en Italia.
Viscasillas Vázquez, Carlos
Viscasillas Vázquez, Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES