Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 26 de julio de 2024
Discorrendo sobre a estrañeza

Saín con "Estraños na noite" como música de fondo e coa reflexión de que o estraño era eu. Estaba completamente só en plena tarde. Algo non cadraba. Non tardei en dilucidar que era o tema musical. Si, moi Pingas de Orballobonito pero o instante acontecía pola tarde e baixo un sol... non abrasador, pero chegáballe ben.
Ser ou sentirse estraños tampouco é nada raro. Quizais o bonito sexa iso tamén, o de sentirse estraños; para discorrer se o estraño é o que se sente distinto ou se o estraño ou estraños son os outros, os que pensan que un é raro.
Sempre se dixo que ser todos iguais ou ser todo bonito sería demasiado aburrido. Compren diferencias para que haxa distintos puntos de opinión, para que haxa buscas, eleccións, disparidades, diversidades e intentar xunguilas todas nun nobelo, nun feixe de realidades. Claro que, se se consegue, aí volve estar a monotonía, o aburrimento, o tedio. Se a auga non corre, nada borda.
Ser estraños é coma unha lección de historia na que se reflexiona o motivo ou a causa de tal estrañeza. Mellor aínda, de onde procede. Do interior dun? Da mentalidade doutros? Dun termo intermedio? Son estraño porque estou só? Porque ando só? Son estraños os que quedan dentro, os que saen á canícula? Os que non seguen o ritmo de "Estraños na noite"? Era estraño Fran Sinatra? Son estraño eu?
Medito sobre todas esas preguntas. Cando penso que atopo as respostas, estas xa se me esqueceran mentres sentaba a tomar un café. Empezo, entón, a reflexionar sobre o alzhéimer, o puto alzhéimer no que "Estraños na noite" xa non marcha da miña cabeza. Hai temas musicais que se deitan por un tempo na memoria.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES