Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chamados á perfección

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 25 de julio de 2024
¡Quen nos dera ser perfectos; pero non o somos!
Non o somos, pero estamos chamados a selo.
De feito estamos correxindo erros tódolos días con esa intención.
Tamén é ben certo que tropezamos varias veces na mesma pedra; pero pouquiño a pouco iremos comprendendo de onde procedemos e a onde volveremos.
A ciencia avanza cada día máis; pero hai algo inalcanzable para ela: a creación de vida natural a partir da nada.
¿Hai algún científico que poida crear unha simple herba?
Unha herba podemos plantala, trasplantala, regala, coidala, mimala; pero a vida é algo superior que se nos escapa das mans.
A VIDA É ALGO SAGRADO
Tan sagrado que deberíamos respectar o seu proceso natural sempre.
A vida humana é o mellor regalo que recibimos.
Con ela podemos ter aspiracións moi elevadas.
Sen ela nada podemos facer.
É algo tan sumamente valioso que nos permite realizarnos como persoas e aspirar a ser cada día un pouco mellores.
NESO CONSISTE A EVOLUCIÓN
O ser humano nace dotado de entendemento e vontade de tal xeito que, se fai un uso racional da súa intelixencia e se deixa cultivar pola gracia de Deus, pode aspirar á perfección.
Unha perfección relativa porque a perfección absoluta só lle pertence ó único ser infinito que os cristiáns chamamos Deus.
Pero o ser humano, como criatura creada a imaxe e semellanza do Creador, participa desas facultades reservadas tan só os humanos.
Os animais teñen certas capacidades para desenrolar as súas funcións vitais e reproductivas, aí remata a súa misón.
O SER HUMANO É DIFERENTE
O ser humano está chamado a perfeccionarse no amor para crear fraternidade cos semellantes e relacionarse co mesmo ser que lle deu a vida a través da oración e a recepción dos sacramentos.
É ese mesmo Ser quen, coa súa gracia, lle permite elevarse por encima do resto das criaturas.
O ser humano pode elixir, cousa que os animais nin as plantas, non; e moito menos os seres inertes.
Esa capacidade para diferenciar o que está ben do que está mal é a que lle permite ó ser humano estar chamado á perfección: a perdoar, a comprender, a ser xeneroso, a ter empatía, a practica-la bondade, amar ó resto dos humanos e a amar a Deus ante todo e por encima de todo.
O AMOR É A MEDIDA
Cando o ser humano, ama a Deus, ama tamén ó resto da creación, ós seres humanos en primeiro lugar.
Cando o ser humano ama ó que ten ó lado, está amando a Deus aínda que se confese ateo, porque Deus está en todo o creado.
A capacidade de amar é a que nos dá a oportunidade de perfeccionarnos un pouquiño cada día e aspirar así a ser perfectos dentro do humanamente posible.
Non é tarefa doada.
Se fora doado, todos seríamos perfectos; pero entraña as súas propias dificultades, principalmente vencerse a un mesmo: non permitir que o noso ego vaia por libre.
As persoas máis perfectas son as que máis manteñen á raia o seu ego.
Cómpre unha educación moi esmerada ó longo de toda unha vida.
EDUCACIÓN PARA SERVIR
Servir para administrar a propia vida e a vida da comuniade onde nos realizamos como persoas.
Cando unha persoa se forma, faino pensando en primeiro lugar en ela mesma; pero realmente tamén o fai para o resto dos humanos.
Tódolos nosos actos teñen unha repercusión na marcha do mundo enteiro.
Todos imos na mesma barca.
Se a barca vai a pique, imos todos; pero se a barca vai a flote, podemos seguir a navegación tranquilos ata chegar á meta.
Moitas persoas van por este camiño e grazas a elas, o mundo vai o ben que vai, pero queremos que vai mellor.
Cando as cousas van mal, pensamos nas guerras, nos que gobernan, no poder, no capitalismo...
Eso é certo; pero tamén é ben certo que os cidadáns de a pé temos moito que mellorar.
Se melloramos os da base da pirámide, seguro que esta manterá mellor o equilibrio.
Pode que haxa quen pense que non hai nada que facer e por eso non o intenta.
Pero...
¿Non merece a pena mellorar a nivel persoal?
Claro que si e se o facemos imos creando ó noso carón un ambiente de hamonía e convivencia que nos fai mellores persoas e máis felices.
Imos facendo ó lono de todo ano, toda a vida...
"TODA A VIDA..."
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES