Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

É que o fútbol é así!

Cabada Castro, Manuel - martes, 23 de julio de 2024
Pero vaia, meu amigo,
como estás así a falar!
Cousa seria debe ser
cando isto cheo está.

Todos ollan un queixón.
Mozos nel de aquí pra alá
sen parar tras un balón.
No che sei por que o fan!

Algo mal debeu facer,
pois non o deixan en paz!
Da escena fuxiu agora,
mais vólveno patear!

E a cousa así vai e vén
ata que -berros ao ar!-
liscou -ben listo che é-
dun que o tiña que parar!

Dinme que porteiro o chaman,
mais o coiro enchido de ar
tan espelido vos é
que del puido se zafar.

Pobre coiro rebuldeiro,
un demo tróuxote acá.
Obreiro entre xentes ben,
fuxe de aquí! Vaite xa!

Amplo é o firmamento
e as distancias siderais.
Faite estrela ou sol de ouro,
sen porteiros nin paspáns!
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES