Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O nacemento do Miño

lunes, 04 de mayo de 2009
Como todo parece estar en cuestión, ata o nacemento do Miño se presta a debate. Falta a precisión definitiva de onde nace o rincipal río da Chaira, de Lugo e de Galicia, pois desde terras chairegas camiña hacia o mar como buscando o camiño máis longo.

Os libros que de pequenos estudiábamos proclamaban que “el Miño nace en Fuentemiña, provincia de Lugo; pasa por Lugo, Orense y Tui y desemboca en La Guardia, formando frontera con Portugal”.

E soubemos e vimos que en Fonmiñá, había unha lagoa onde agurgulla a auga, e dela sae un regato pequeno. E hai anos naquelas terras pastoricenses ergueuse un monumento ó Pai Miño, considerándoo como un semideus, da man do escultor Magín Picallo Durán. E un aparcamento, mesas e contorno fan un lugar perfecto para o lecer.

Pero aplicando as doctrinas dos xeógrafos, da corrente máis longa e mayor cantidade de auga, o río podía non nacer en Fonmiñá, ou non ter aquela fonte como exclusivo nacemento. Porque unha corrente máis longa e máis grande viña procedente do Concello de Meira. Nacía no Pedregal de Irimia, onde se oía agurgullar a auga por debaixo das grandes pedras, e cando levaba algo máis dun kilómetro recorrido chegaba a Meira, a das pedras monacales, feito un señor río, facendo que o poeta Avelino Díaz, galego na emigración arxentina, escribira. ¿quen dixo, claro Rio Miño,/Que naces en Fonmiñá,/ Ti chegas feito un rapaz”.

Un gran río, con dous nacementos, no que prevalecía o de máis lonxe. Pero na actualidade os técnicos na materia poden ter algo máis que dicir, e hai poucos días que se soubo que o Miño podía nacer en Xermade, en Abadín ou en León.

Aplicando os criterios dos xeógrafos como a latitude e a lonxitude das correntes de auga, o rio Miño pudiera nacer nos montes de Abadín, na ladeira do Pico Carrancho, onde nace o rego Labrada, que logo vai ó Miño. Desde alí a Aguarda hai douscentos catro kilómetros. Con arreglo ó criterio da corrente máis longa, o Miño nace en Abadín.

Se se aplica o criterio da latitude, resulta que a fonte que nace máis ó norde é o Rego Casal, que nace ó pé do Monte Goía, en Xermade. Pero comparte esta honra co Labrada, polo que entón había que considerar a existencia de dous Miños nados en Labrada e Xermade.

E en canto ó aspecto de maior distancia por lonxitude de cauce, o Miño nacería nas praderías de Cuetalbo, en Peña Ormiz, cerca de La Cueta. Esto entronca coa teoría multisecular de que Minius -nome latino do Miño- correspondía en realidade ó río Sil, que xa o refrán di que é o que trae a agua aínda que sexa o Miño o que leva a sona.

En fin, a verdade é que é demasiada información sobre o Rio Miño para poder asimilala así de repente, despois de toda unha vida sabendo que vai desde o Pedregal de Irimia ata a Guarda regando media Galicia.

E as doctrinas técnicas están moi ben, pero non van facer que mudemos de opinión. O Miño nace nas alturas da Serra de Meira, faise rapaz na localidade de Meira, faise maior en Fonmiñá e logo, sendo o rio máis poderoso de Galicia, lánzase polo mundo a gobernar as terras de Galicia. Que ó mellor os técnicos teñen razón, e o noso maior río vai por outros camiños. Pois pode ser, pero fará falla moito tempo para que nos acostumbremos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES