Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non dar unha no cravo

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 22 de julio de 2024
Como politicamente falando son un pouco torto e vivimos nun país no que non se pode saír do rego que outros aran, non queda outra que agachar un pouco a cabeza e buscar algo que non moleste a ninguén. Por exemplo, o fútbol, que hoxe non molesta grazas ó éxito da selección española na Eurocopa de Alemaña. Hai xa unha semana do acontecemento, pero non me esquecín da promesa que fixera nun dos meus escritos sobre o comentarista e periodista Juan Carlos Rivero. Dicía por aquel entón que recibía críticas polos seus erros e eu corroboraba tales condenas, aínda que, iso si, sabendo que é normal que ó comentar un partido de fútbol durante dúas horas ou máis, case é Non dar unha no cravofactible atoparse con algún que outro erro. Cando se fala moito, é fácil que nos atrapallemos.

O problema está en que Juan Carlos Rivero erra demasiado. Unha cousa é fallar unha, dúas, incluso tres veces durante un partido ou unha serie de partidos, pero o dese comentarista vai máis alá duns cantos erros. Para non pecar de crítico desapiadado, acordeime e fíllenlle un pequeno seguimento. Digo pequeno porque cando falaba de xogadores de seleccións pouco coñecidas (ou polo menos eu non coñecía moi ben ós seus xogadores), non sabía se confundía a uns xogadores con outros polo detalle ese de que, eu, vendo a televisión, non os coñecía dabondo. Imaxino que aínda tería máis erros, pois se confundía ós habituais, que pasaría cos menos habituais?

No partido Austria-Francia, ó Thuram chamoulle Dembélé. Ó Kanté chamoulle Thuram varias veces seguidas. No partido Italia-España, a Pedri confundiuno con Rodrigo por dúas veces, e a Rodrigo chamoulle Carvajal. No Turquía-Portugal, a Leão chamoulle por dúas veces Nuno Mendes. No Albania-España, confundiu a Zubimendi con Vivian; ó porteiro Raya chamoulle Navas. No Inglaterra-Eslovenia, a Walker chamoulle Stones. No España-Alemaña, confundiu a Sané con Emre Can.

Eses son tan só os erros que captei, porque foron en partidos ós que coñecía bastante ben ós xogadores, por iso intúo que tivo que ter moitos máis, aínda que eu non os pillara. Porén, e aínda que só sexan os nomeados, son moitos para un periodista profesional. Repito: errar é humano, pero non dar unha no cravo é bastante patético. Por unha vez, Televisión Española debería facerlle caso ó clamor popular.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES