Correspondencia entre Blanco Amor e Otero Pedrayo (1924-1956)
Rivero, Manuel - lunes, 29 de julio de 2024
As diferentes modalidades epistolares, que se intercambiaron os dous intelectuais, nun período de corenta e catro anos (1925-1973), é ampla, variada, familiar, respectuosa, de admiración recíproca e con numerosos matices, circunloquios e metáforas. Para contextualizar esta correspondencia, é necesario coñecer: tempos, modos, escenarios, crenzas, acontecementos e posturas ideolóxicos.
A primeira carta da que temos coñecemento, está escrita nun folio por ambas caras en papel timbrado, co seguinte texto: "El catedrático de Geografía e Historia del Instituto Nacional de 2ª Enseñanza. ORENSE. Particular.
Leva a data do Saint-Iago do1929, emitida desde a cidade de Ourense.Este documento forma parte do arquivo Eduardo Blanco Amor, da Deputación de Ourense (EBA 817a e 817b).
A través do texto, coñecemos, que había correspondencia anterior: "Recibín a sua garimosa c'as boas e variadas novas, mais por causa de xuntanzas e traballos do Seminario en Melide non puden respondela deseguida".
Recórdalle que esperan o seu traballo, para Nós, o que da a entender, que xa estaba falado con anterioridade, "Agardamos comauga no Maio os seus traballos pra Nós. E laméntase, de andar sempre a correr, sen poder facer as cousas con calma e o debido sosego, "Faise ás veces con desmasiada prisa a que debía ser pubricación sempre calcada i-escolleita. ¿Qué lle quer?"
Dálle a noticia da nova novela que está a preparar, e dos perigos e belezas, que encerra esa nova aventura.
No cuarto e quinto apartado da carta, contesta as preguntas ou informacións da de Blanco Amor, ao non ter esa información previa, faise difícil contextualizar as seguintes frases: "Amigos do Arte", "Zorrería desacreditadora" ou "trunfo da iniciativa da Proteitora"
Finaliza coa esperanza de poder traballar máis forte nas vacacións, a pesar dos numerosos atrancos, cos que se encontra: "Veremos si agora nas vacaciós se pode traballar un pouco mais forte. Eu c'o calor e co asunto do Instituto ando cos nervios desfeitos e apenas sei o qu'escribo".
O segundo intercambio epistolar é a través da postal, que Blanco Amor lle enviou desde A Coruña, o día 7-VIII-34, ao enderezo do Partido Galeguista en Ourense. É un breve texto no reverso, para felicitar os éxitos deses días e ademais por ter a sorte de evitar a desgraza de Oca. Documento da Fundación Eduardo Blanco Amor, EBA 644-0014.
"C'unha aperta; felicitacións pol-os seus éisitos d´istes días i-enhoraboa por que non o pillase a disgraza de Oca".
Os éxitos, apuntan a ser literarios, nese ano publicou a Romaría de Xelmirez (25 de Xullo), Fra Vernero e Teatro de Máscaras. A desgraza, fai referencia ao accidente do pazo de Oca, na tarde do día 5 de agosto de 1934.
Así recollían a noticia o Faro de Vigo e o Correo Gallego:
"Una dolorosa catástrofe en el palacio de Oca, tituló a cinco columnas FARO DE VIGO, que sintetizaba también desde su portada: Durante un "lunch" en honor de los miembros del Congreso de Ciencias, se hundió el piso y resultaron un muerto y 48 heridos, algunos de ellos de gravedad"
"la tarde del domingo 5 de agosto de 1934, tiñó de sangre el pazo de Oca. Desde hacía una semana se celebraba en Compostela el congreso nacional de la Asociación para el Progreso de las Ciencias, en el que participaban 250 personas. A las cinco de la tarde, hora elegida para la salida de la excursión al valle del Ulla, la lluvia que caía sobre Santiago desanimó a algunos de los congresistas, pero la mayoría se apuntaron a visitar los históricos pazos de Santa Cruz y de Oca.
Mientras los congresistas visitaban la primera planta del pazo estradense, cuyo suelo de madera estaba en muy mal estado, el administrador insistía en que no pasasen al salón dispuesto para el ambigú más de cincuenta. Cuando el congresista Cordero Carrete entró para comunicar la salida de la excursión hacia Santa Cruz, la gente se aglomeró en torno a él... y el piso de madera se vino abajo. Hubo 40 heridos, muchos de ellos graves. Algunos sufrieron amputaciones de brazos y piernas. Una de las congresistas, María Luisa Gómez Fernández, una profesora de Vitoria, falleció tras ser aplastada por la multitud".
O terceiro intercambio, é a carta que D. Ramón lle enviou desde Trasalba o día 25 do sep. 1955, Conservada no arquivo da Fundación Eduardo Blanco Amor, na Deputación de Ourense, EBA 818, na que a Catedral, é o eixo sobre o que xira case a totalidade do relato.
"Mañán cediño baixarei a Ourens. Faise cada sazón mais requintada a beleza ou a eleganza dos pórticos da catedral. Son xa duas damas portadas. Vde. ten escrito sobre a catedral martiniana páxinas ademirabres de tremor de sol nas pedras. E tamén páxinas ególatras. Pro Noso Cristo está afeito a perdoar. Fálolle ca liberdade de un vello, de un ourensán e sobre todo de un amigo.
Vde. é un mestre requintado na arte literaria nas duas língoas. (...) Co isa mau dona do pulo de tantas fouleantes cuadrigas, do segreto de tantas doncelas enfeitizadas, os que o queremos agardamos de Vde. libros de fantasía e de esperanza.
(...) chega Vde. a unha sotileza de verba poucas veces conquerida por un galego, e loce a cada páxina a paixón e o gosto de un verdadeiro actor, de un grande aitor.. Eu aplauso, río e choro e dáme medo o chegar ó remate das esceas... Pro despoixa hai nos beizos unha cinza amarga. ¿Pra qué acrecentar ca ironía a door da vida? A xente quere espranza e ela ven da fantasía. Hai de darlle ó púbrico a pormesa e gosto de outra vida. Ceibalos da hora presente. A críteca e os esperpentos xa fixeron sua laboura. Os escritores han sere os magos do ensoar, os druídas do paito cas inmortalidades, os desveladores do enfeitizado que vai con cada home ou muller. Os poetas como Vde. teñen a xenerosa obriga de ceibar os espritos. (...) Ca miña noraboa vai a seguranza de ise outro libro de verbas de neno e de peirao de morte, latexante da inorme legría atlántica da espranza. Pois temos de coñecer os anxos e o rosto do Señor. Pense no responso do "Credo". Nil está todo o Oicidente".
O cuarto documento é a carta que D. Ramón lle escribe a Blanco Amor desde Sant Yago de Compostela, Outono 26 do 56.
Documento conservado na Fundación Eduardo Blando Amor, da Deputación de Ourense (EBA 819). A razón central do escrito, é a de eloxiar a forma, o fondo e a sabedoría do seu "Cancioneiro", publicado por edicións Galicia, do Centro Galego de Bós Aires no ano 1956.
Comeza lamentando o retraso en contestar e agradece que non llo tome a mal, a pesar de non escribir, cos amigos está sempre dialogando en silencio:
"Débolle unhas letras fai tempo. Non mo tome a mal. Eu alento en silenzo e lonxe sempre dialogando cos amigos. Van comigo por os cotos duros de doncel curazón de Trasalba e por istas rúas santiaguesas, que de noite semellan sempre novos metros de ordeación poética da noite e canles para engaiolar á Morte".
Xustifica o retraso a forma de vida na está envolto:
Levo un vivir axitado na tona. Viaxes, amigos, escritos. No alicerce non quero descer. Escolmo intuí-lo como unha grande pas de neno durmido. E xa nos 68 ben feitos ás costas non agardarei moito tempo..."
E de repente, entra no cerne do Cancioneiro, que debeu de acabar de ler, e do que quedou namorado.
(...) o seu "Cancioneiro". Nil procuro sombra e achego. É bon e gasalleiro pró vello camiñante. Pois por egoal me convida con ledos pórticos de clásica feitura sempre amada dos fidalgos e dos canteiros da miña -da Nosa- Terra, e iaugas decorrentes, cantareiras, carregadas de nubes e lembranzas. Eu mollo as maus no seu verso fuxidío. Deixa un ecoar. Poucos versos deixan isas finas febras e fíos de son e lembranza nos arboredos e as gándras da nosa atención. A perfeición é de froito, de arco de vimieiro arranxado por un rapás, de alcipreste. Infindo agradecimento lle debo.
D. Ramón, ben de forma expresa e outras máis sutil, vai unha e outra vez, cando non pode ser física, faino mentalmente, a modo de eterno retorno a Trasalba, a San Francisco, onde descansan os seus, ao Monte Alegra ou a súa Catedral.
"Penso en que Vde. cecais nestora pensa no noso Ourense e naquil frescore surprendido da rua da Paz y no lábio de acedume sin comparanza das froumas de S. Francisco e Montealegre".
Esa carta ía acompañada dunha foto, da que se sinte moi orgulloso.
"Eiqui temos un fato de mozos galeguistas. A frol da Universidade. Iles o corazón e tamén sin vaidade- a xustificación dos vellos do meu tempo".

Rivero, Manuel