Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vae victis

lunes, 04 de mayo de 2009
Se fose unha traxedia, poderíamos falar de “Ai dos vencidos”, pero como ten importantes elementos de comedia pode parecerse máis a aquela obra de Álvaro de la Iglesia “Los que se fueron a la porra”... Porque a frase latina refírese ós vencidos nunha contenda cuns inimigos declarados que non poden agardar dos vencedores a máis mínima piedade.

Neste caso e aquí -Galicia, hoxe- o problema non está entre combatentes de distinto bando senón o xeito en como se van asentando as placas tectónico-políticas despois do terremoto electoral do pasado primeiro de marzo.

Ningún problema externo no partido popular, vencedor clamoroso dos comicios, xa que a única dificultade é contentar a todos os que aspiran ou aspiraban a algún posto de relevancia. O problema está nas outras dúas forzas políticas -normalmente cuidadosas na imaxe que dan ó exterior- que dixiren moi mal os resultados das urnas e ven hospedes onde antes había dedos, buscando responsables directos en determinadas persoas cando as causas haberá que buscalas na convivencia gobernante de dúas forzas moi diferentes.

Ó comezo das calendas de maio, o que foi cabeza electoral do PSOE –Touriño, Presidente- xa non está á fronte dos socialistas galegos, non figura en ningún posto importante no Parlamento, e falase da súa posible retirada da política. A outra figura vencida, Anxo Quintana, está a tratamento médico. As dúas figuras, francamente en declive, por ter perdido unhas eleccións que se coidaban gañadas se non por goleada si por superioridade numérica de dous contra un.

Suponse que as eleccións son o momento e o procedemento para que o pobo -neste caso os galegos- se pronuncien sobre as figuras relevantes que van gobernar a comunidade. Pero eso é o resultado directo, predecible. Visto está que hai outros resultados -danos colaterais poderían chamarse- que as tormentas electorais traen consigo.

Ai dos vencidos!. Deberán defenderse, pero non dos vencedores, senón dos demais vencidos que coidan chegada a súa hora.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES