Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 19 de julio de 2024
No sofá dos tempos

Nin fútbol nin bandeiras. Nin loitas nin xenreiras. A vida baila sobre a ilusión dun soño e sobre a ansia dun tempo que foi. A vida é coma o ruxerruxe da ignorancia. Nin berros nin carreiras. Nin eventos nin ideas. Todo ten que saír ó natural, coa forza do desexo, coa docilidade dun pensamento.
Que cada alustro sexa unha sinal e que a preguiza empreñe no sofá dos tempos. Cando hai galbana ou vagancia non queda outra que deixarse levar pola somnolencia Pingas de Orballodo devezo. Ó pouco, saloucos na noite e suspiros por entre as cantigas dos recordos, daqueles recordos nos que unha flor era amarela e un berro era unha separación do silencio.
Nin fútbol nin bandeiras. Nin treboadas nin poemas. A vida é como a Santa Compaña que enfila, en ringleira, o camiño do que pode haber máis alá do silencio. A vida é o impo que brota, que abrolla cando a dúbida non sabe se saír ou quedar dese recanto da memoria que acumula momentos, instantes, realidades e tempo.
Que en cada lusco fusco asomen os berros do que puido ser e non foi. Berros pola estrutura dese soño que non houbo maneira de convertelo en realidade e pola circunferencia desa fantasía que sucou os mares a bordo da Perla Negra. Berros que estralan por entre as toxeiras verdes da esperanza e as follas secas das mazairas.
Nin fútbol nin bandeiras. Nin soños. Nin tempo. Nin luz. Nin escuridade. Nin desidia. Nin silencio. Nin carreiras. Nin augas mansas. Nin guerras. Nin fronteiras. Nin baleiro. Nin carraxes. A vida é un ir e vir... sen descanso, sen sosego, sen acougo, sen repouso.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES