Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Faroliños vermellos

viernes, 01 de mayo de 2009
Os últimos lugares en calquera estatística levan asignada a categoría de faroliño vermello, porque así eran os faroliños que figuraban na parte posterior dos vellos trenes para marcar onde remataba o convoi.

Galicia ten acreditada en numerosas ocasións a súa condición de faroliño vermello e aínda en moitas enquisas ou estatísticas aparece nos últimos lugares por herencia recibida ou por escaso dinamismo na súa actividade.

En marzo soubemos que un estudio económico efectuado pola Universidade de Extremadura, situou a Galicia no último lugar das comunidades hispanas en canto a acceso ós servizos de saúde e educación, establecendo con determinados parámetros unha tasa de accesibilidades ós servizos básicos. Coma sempre, Madrid, Cataluña, Valencia, Murcia e o País Vasco figuran nos primeiros lugares. Galicia está ó final.

Neste mes de abril tivemos outro dato, este referido á Xustiza, segundo estudos do Consejo General del Poder Judicial, que indica que en Galicia se invisten en Xustiza trinta e un euros por habitantes, mentras que o promedio do investimento en España está en setenta euros por persoa. Suponse que por eso tamén de novo en Galicia é onde a Xustiza é máis lenta, lentitude acreditada de novo despois de tela perdida en 2003.

Como se ten denunciado repetidamente, faltan investimentos, persoal, ferramentas informáticas e organización. Estamos no final. Faroliño vermello.

Comezamos un tempo novo, con goberno mozo e entusiasta. Agardemos que intenten e consigan que esa nosa e simbólica cor vermella mude por outra cor máis agradable para todos.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania