Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Limitados, pero eternos

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 18 de julio de 2024
Aínda que o noso paso por esta vida pasa nun abrir e pechar de ollos, procedemos dun Ser eterno no que nos movemos, vivimos e existimos desde antes da creación do mundo.
De tellas abaixo sabemos que quedamos no recordo das persoas queridas por un tempo despois do noso pasamento.
Cando pasemos á outra banda, seguirán falando de nós igual que nós falamos doutros seres queridos que nos precederon.
As persoas famosas que quedan nos libros, son máis notorias; pero os cidadáns de a pé, quedamos esquecidos ó pouco tempo; pero, aínda así, algunhas pegadas, deixamos.
¿QUE NOS DI ESTO?
Que é importante deixar bo recordo, aínda que sexa temporal, por varias razóns:
En primeiro lugar polo noso propio ben.
Se queremos ser felicies temos que facer felices ós demais e se queremos saír victoriosos desta vida, temos que actuar en conciencia.
O facer as cousas como corresponde afecta a crentes e non crentes.
Tódolos humanos levamos grabada na nosa conciencia unha lei que nos di o que está ben e o que está mal.
En segundo lugar, tan importante como o primeiro é o benestar común:
A repercusión dos nosos feitos no mundo enteiro porque todos formamos un todo e todos agradecemos que o mundo vaia ben.
Se o mundo vai ben, sentímonos cómodos.
Se vai mal, sufrimos as consecuencias.
SOMOS UN ELO DA CADEA HUMANA
Unha cadea que ten moitísima antigüidade e que continuará non se sabe ata cando.
Hai persoas pesimistas que pensan que o mundo se vai acabar calquera día se non se toman medidas; pero a realidade dinos que ó longo da historia déronse moitos cambios de todo tipo e o proceso segue.
Como elo que somos, para que a cadea non se rompa, debemos conservalo en bo estado.
De feito cada persoa intenta formarse canto mellor pode para obter un nivel de vida digno.
Obsérvase moito interese nas familias pola formación da xente nova, sobre todo nas que teñen medios suficientes.
Hai familias con moi boa base.
Outras, non tanto.
Pero se comparamos a xeración dos nosos avós coa nosa, observamos un gran cambio: xeralmente para ben.
¿EVOLUCIÓN LENTA?
Claro que sí.
Por unha parte: as cousas ben feitas levan tempo.
Por outra: o ser humano é limitado e por si só non pode alcanzar o que se propón: necesita axuda do Alto.
Para deixarse axudar polo de Arriba, cómpre moita humildade e ó homo sapiens a humildade quédalle grande.
¿CASTELOS NO AIRE?
Moitas veces, sí, porque a veces actuamos cargados de soberbia; pero todopoderoso só hai un e aínda non fai todo o que quere por respecto á liberdade humana.
Non se pode facer todo de golpe.
Roma non se fixo nun día nin en dous nin en tres...
Antes que nós houbo moitas persoas moi válidas que alcanzaron grandes metas para a humanidade.; pero aínda así, a humanidade segue imperfecta, ten que seguir avanzando...
Estamos chamados á perfección; pero non somos perfectos.
Somos seres limitados que unhas veces acertamos e outras pasámonos de listos.
¿HABERÁ QUE POÑER FREO Ó PROGRESO?
Non, claro que non; pero correxir erros, sí.
Non todo o monte é ourego.
Non todo vale.
O mundo moderno comete moitos erros, o primeiro é pensar que o pecado non existe e eso lévao a cometer moitos descarrilamentos no tren da vida.
O tren da vida segue a rota marcada polo Creador do universo, pero os descarrilamentos pasan factura.
¿IMPOSIBLE POÑER REMEDIO?
Hai persoas que ven moitas inxustizas e pensan que poñer remedio é case imposible.
Tamén hai outras que saben valorar todo canto de bo se leva feito e confían nun futuro prometedor que encamiñará as nosas vidas para chegar con ben á meta orixinal.
Esta vida terrenal ten límites, pero a eterna, non.
A nosa dimensión espiritual non morre, está chamada á trascendencia, á súa orixe; por eso somos limitados é eternos ó mesmo tempo.
"CHAMADOS Á PERFECCIÓN"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES