Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moito camiño por andar

jueves, 30 de abril de 2009
Fálase da fenda tecnolóxica para expresar o desnivel existente entre as zonas desenvolvidas de Europa e as que se están incorporando a unha Unión Europea aínda lonxana. Pero esa fenda pode ser considerada tamén entre zonas do mesmo país. E se nos atemos ó Estado español a fenda é evidente entre as autonomías máis desenvolvidas e as que sempre aparecen nos últimos lugares das estatísticas.

Dentro de Galicia, a situación nas grandes cidades nada ten que ver coa das pequenas vilas ou no rural, onde as carencias son evidentes.

Non hai moito tempo que se coñeceron as cifras galegas en relación con Internet e as novas tecnoloxías, que se ben están referidas a 2007 son sintomáticas da realidade: Doce de cada cen empresas galegas aínda non teñen ordenador, a terceira parte non ten acceso a Internet, e só a terceira parte ten unha páxina na Rede para utilización empresarial. Son cifras difíciles de asimilar cando coidamos que a informática e internet son algo imprescindible para a nosa sociedade, e temos entrado nese novo mundo pola porta grande.

Quédanos moito camiño por andar, e aínda que o recorramos con entusiasmo precisamos moito investimento, lexislación axeitada, axudas, e que todo o que se fala sobre as novas tecnoloxías se aplique na realidade.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES