A cencerrada
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 18 de julio de 2024
Estou seguro de que a maioría de vós non sabedes o que é unha "cencerrada". Pero o curioso é que no noso dicionario da RAG, non aparece a palabra "cencerro" porque en realidade chamámoslle "CHOCA". Trátase dunha campaíña que se lle pon ao gando pendurado do pescozo para que non se perda, ou sexa, que se se afasta de nós, sabemos polo son da choca por onde anda o gando.
Pero entón, que era unha "cencerrada"?.
Pois moi fácil. Chamábaselle "cencerrada" en Galicia, a un feito insólito, incrible e hoxe en día INCONCEBIBLE.
Veremos. Cando antigamente un home roldaba e casaba cunha muller viúva. Cando unha viúva era roldada por un home solteiro ou viúvo e casaban, para os veciños iso era todo un espectáculo.
Pero por que?. Pois moi fácil. Se un viúvo casaba cunha viúva, ou solteiro que casaba con viúva ou viúva que casaba con solteiro ou viúvo, a noite de vodas era para eles un auténtico martirio, unha auténtica burla e mofa todo xunto.
Pero, por que?. Pois porque esa noite, os veciños todos xuntábanse e ían á casa deles a facerlles o que se lle chamaba unha "Cencerrada". Ou sexa, que se poñían todos os veciños fóra da casa, pero debaixo da que supoñían que era a habitación onde durmían os recen casados, e pasaban toda esa noite tocándolles a percusión de tixolas, testos de potas, potas, cazos, caldeiros, bañeiras, botellas, garrafas, etc. e todo aquel elemento que producira un son molesto e enxordecedor.
Por tal motivo, na nosa Galicia, nesta Galicia chea de acontecementos estraños, nesta Galicia única, ese tipo de parellas: viúvos e viúvas, adoitaban a amañar co señor cura da súa parroquia para que as súas vodas fosen celebradas a altas horas da noite ou da madrugada. Daquela, era normal que o cura celebrante avisara aos monaguillos o día antes e en moito segredo para oficiar a misa da voda ás dúas, catro, seis, etc. da madrugada, e así evitábase que a xente o soubera e que se armara o espectáculo. Compre destacar que tamén o cura e por mor destas circunstancias, evitara anunciar a voda coas correspondentes amoestacións "que por diñeiro, a igrexa fai milagres".
Tamén compre destacar, que unha vez celebrada a voda dos viúvos, estes non ían vivir xuntos durante unha longa tempada, ou sexa, cada un na súa casa, ata que os veciños se ían informando de que xa se casaran, e como xa pasara moito tempo de casados, podían ir vivir xuntos, porque deste xeito non lles facían a "cencerrada".
Eu tiven a fortuna, por dicilo de algunha maneira, de que coñecín a un monaguillo que oficiou moitas vodas destas, e contábame o martirio que era para eles o ter que levantarse para axudar a unha destas misas de voda, ás tres ou catro ou cinco da madrugada.

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)