Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Etnorituais no Santuario do San Bartolomeu de Abragán, O Corgo (Lugo) (7)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 23 de julio de 2024
VIII. 3. Os rituais populares de "poñer o santo"e o do "Coitelo do San Bartolomeu"

Logo da procesión, realízanse dous rituais no interior da capela: O ritual de "Poñer o Santo" e "O ritual Etnorituais no Santuario do San Bartolomeu de Abragán, O Corgo (Lugo) (7)do coitelo do San Bartolomeu". Ambos os dous son realizados por unha freguesa de Abragán, chamada Carmen Pardo Vilanoba, da "Casa do Rizo" (1).
Esta comeza pasando unha imaxe pequena do San Bartolomeu por riba da cabeza dos devotos mentres pronuncia a seguinte xaculatoria: "Cristo viva / Cristo Rei / San Bartolomé bendito / te libre de todo mal. Amén. Logo, colle " o coitelo de madeira do San Bartolemeu" e toca os vultos e outras partes doentes dalgúns ofrendantes, mentres recita a mesma xaculatoria que no intre de "Poñer o Santo".
No ano 2023, puidemos apreciar coma a freguesa encargada do ritual, pasou "o coitelo do San Berto" pola cabeza, gorxa, costas, peito, e, tamén extremidades inferiores dalgúns devotos; tamén, fixo unha cruz co coitelo por riba dunha foto, que lle entregou unha devota. De aí, que o poder inherente ao coitelo transmitese ao exterior dun xeito directo máis tamén indirecto.
Este ritual do coitelo tamén se emprega na actualidade nalgúns santuarios da comarca da Terra Chá, que están adicado ao San Adriano (2).

VIII. 4. Ofrendas
Finalmente, hai devotos que deixan un velón aceso ao carón da imaxe de devoción e, tamén adoitan entregar unha esmola en metálico, case sempre no intre de realizar os rituais xa mencionados. Hai anos era moi habitual que os devotos trouxesen figuras de cera, que representaban as partes do corpo polas que viñas ofrecidos, como pernas, mans, cabezas...

Ao rematar os oficios relixiosos, os fieis retornaban aos seus lugares de orixe agás que houbese festa profana. Etnorituais no Santuario do San Bartolomeu de Abragán, O Corgo (Lugo) (7)Neste caso adoitaba realizarse no lugar da "Campa", aínda que o máis habitual era que se celebrase na" Cortiña do Campo".
A festa caracterizábase polos carruseis, demandados polos cativos e mozos da parroquia; por algún bar ambulante ou da comisión de festas; e pola orquestra, que soia actuar dende o anoitecer ata primeiras hoiras da mañá e que adoitaba ser unha das bases do lecer da parroquia. Hai lembranzas dunha festa, que organizou José de Peña Grande a principios da década dos noventa do século pasado (3).
Nesta, houbo moitos foguetes anunciando o evento; abondosos carruseis; cabezudos; xantares campestres (4); e orquestras. No ano 2023, no interior da "Casa do Rizo" celebrouse un xantar para os veciños de Abragán e os seus invitados.

NOTAS:
1. Esta freguesa hai uns corenta anos que leva realizando ambos os dous rituais.
2. BLANCO PRADO, José Manuel.: " A Devoción popular ao San Adrián na Terra Chá (Lugo)", en Croa nº 27, Boletín do Museo dos Amigos do Castro de Viladonga, 2017, Castro de Rei (Lugo), páxs. 104-119.
3. Esta persoa era oriunda de Madrid mais fillo dunhas persoas, que viviron nesta parroquia.
4. Algo habitual nas festas dantano. As persoas que viñan de ofrenda a esta capela soian traer a comida en cestas, que deixaban na "Casa do Rizo".
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES