Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (32)

Otero Canto, Xosé - viernes, 12 de julio de 2024
Como se fai para mirar unha vaca nunha feira antes de mercala


1.9.- Por último míranselle os ollos para ver se os teñen limpos ou lles aparecen "belidas" neles, ou manchas abrancazadas na córnea que non lles permiten ver ben. As "belidas" son cando no negro dos ollos ou no centro, aparece unha manchiña branca Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (32)ou, ao mellor, está toda branca.
A persoa que mira a vaca non debe pasarlle a man por diante dos ollos con moita rapidez porque entón dálle o aire e a vaca cerra o ollo, parecendo que ve, cando non ve; para solucionar o problema o que hai que facer é xuntar os cinco dedos da man pola puntiña e logo ir abrindo a man ao lado do ollo e, se non pestanexa, é que está cega; en caso contrario é que ve.
Unha vaca que non vexa, non se quere, sendo motivo suficiente para devolvela ao vendedor.
Mirando todo isto é cando se di que "está ou non está vendida".
Antes de tratala, míraselle a boca e a partir de aí, óllase todo o demais, e se cumpre ben con todo é cando se realiza o trato.
Para mercala o vendedor pide por ela e o comprador manda outra cantidade sempre inferior, o vendedor vai baixando esa cantidade e o comprador vai subindo a primeira oferta ata que se xuntan e quedan os dous nunha cantidade que segundo eles é beneficiosa para os dous.
O comprador pregúntalle ao vendedor se é legal ou non é, ou se ten algún defecto e, o vendedor, se é honrado, dillo, e se lle convén, lévaa e senón déixaa.
Nas compras, xeralmente, sempre hai xente vendo o trato e, o comprador, pódelle pedir responsabilidade, é dicir, que lle responda, se acaso a vaca ten algún defecto.
Isto óeno os que están mirando e sempre hai algunha persoa que responda polo vendedor, logo págase a totalidade do tratado ou entrégase unha cantidade e para a seguinte feira dáselle o resto até alcanzar o pactado, sempre, en caso de que a vaca sexa legal.

(Continuará...)

Texto : Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES